AER manifestouse sempre en contra de todas as variantes da A-59.
PSOE e BNG estiveron sempre a favor da variante 5 que arrasaría as parroquias do Viso, Ventosela, Reboreda, Quintela, Saxamonde e Vilar.
Javier Bas di que está en contra desta variante 5, pero oculta que o Partido Popular está a favor da variante 11 que afectaría a Os Valos e a Vilar.
A elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) vén de resucitar a pantasma das autovías e das variantes que ameazan Redondela. O equipo redactor do PXOM tentou ata en dúas ocasións, no 2015 e 2016, que o Ministerio de Fomento lle mandase ao noso Concello a información da que dispuña con re...