
Agrupacións
de
Electores
Agrupación de Electores de Redondela
(AER)
Segundo a lexislación electoral, a Agrupación de Electores é un conxunto de cidadáns que se asocia temporalmente co único fin de presentar unha candidatura a unhas determinadas eleccións.
Para presentar candidaturas as Agrupacións de Electores necesitan un número mínimo de firmas.
Para as eleccións municipais, necesitan un número de firmas segundo o seguinte baremo (artigo 187 da LOREG):
-
Nos municipios de menos de 5.000 habitantes, o 1% dos inscritos sempre que o número de asinantes sexa máis do dobre que o de concelleiros a elixir.
-
Nos comprendidos entre 5.001 y 10.000 habitantes alomenos 100 firmas.
-
Nos comprendidos entre 10.001 y 50.000 habitantes alomenos 500 firmas.
-
Nos comprendidos entre 50.001 y 150.000 habitantes alomenos 1.500 firmas.
-
Nos comprendidos entre 150.001 y 300.000 habitantes alomenos 3.000 firmas.
-
Nos comprendidos entre 300.001 y 1.000.000 de habitantes alomenos 5.000 firmas.
-
Nos demais casos alomenos 8.000 firmas.
Cuestións de interese sobre as agrupacións de electores
Cada candidatura proposta por una agrupación de electores é independente de calquera outra, e o seu ámbito deber ser o da circunscrición electoral correspondente.
Non é posible a constitución de coalicións de agrupacións de electores nin de agrupacións de electores con partidos políticos.
Non se poden constituír pactos federativos ou federacións de agrupacións, xa que é una vía anómala de constitución de partidos políticos.
O ámbito temporal das agrupacións de electores comprende o mandato dos cargos que presentaron candidaturas nas eleccións.
Non existe un dereito preferente para a constitución de agrupacións de electores a favor de quen presentaron candidaturas para agrupacións de electores en anteriores consultas electorais.
Non existe un rexistro público de agrupacións de electores. A agrupación de electores queda formalmente constituída coa presentación da candidatura ante a Administración electoral (xunta electoral correspondente), sen necesidade de ser rexistrada como asociación.
As agrupacións de electores continúense única e exclusivamente para cada proceso electoral, polo que deben proceder a una nova recollida das firmas para presentar candidatura nun novo proceso electoral.
Non se pode iniciar o proceso de recollida de firmas antes da convocatoria electoral, xa que a validez das actuacións electorais require que estas se realicen dentro do período electoral. Non se pode falar de conversión de agrupación en partido. As candidaturas preséntanse ante a Xunta electoral de zona entre o 15º e 20º día posterior á convocatoria das eleccións. A personalidade xurídica da agrupación de electores enténdese ós únicos efectos de promover unha candidatura para un proceso electoral e actos subseguintes, se ben, para o cumprimento da normativa electoral e en particular das regras sobre ingresos e gastos, han de instar da correspondente delegación de Hacienda (AEAT) a obtención do NIF.
As firmas dos electores avalan a constitución da agrupación de electores ós efectos de presentación da candidatura. A acreditación da identidade de todos e cada un dos electores que coa súa firma avalen a presentación de unha candidatura independente debe realizarse mediante acta notarial ou polo Secretario da Corporación municipal, quen dan fe da autenticidade das firmas.
A autenticación das firmas non pode ser realizada por outro funcionario. A recollida de firmas se realizará de acordo cos formularios oficialmente establecidos no Real Decreto 605/1999, de 16 de abril, que serán facilitados pola xunta electoral de zona. Para cumprir co requisito de autenticación de firmas o federativo municipal debe efectuar “en primeiro termo o oportuno cotexo das firmas que avalan a candidatura- que haberán de ser contrastadas coas que figuran nas copias dos correspondentes DNI aportados- , para acto seguido, dar fe da inclusión ou inscrición dos asinantes no caso electoral do municipio”. Os asinantes han de estar inscritos no censo electoral do municipio, conforma dispón o artigo 187.3 LOREG. É emendable a irregularidade de presentación das firmas sen autenticar así como a de presentación dun número inferior de firmas ó legalmente esixido.
A inclusión de símbolos e siglas para as agrupacións de electores é potestativa.
No caso de coincidencia da denominación dunha agrupación de electores e de un partido, darase preferencia ó partido. As persoas que promoven a constitución dunha agrupación de electores teñen o deber de comprobar que a denominación que pretenden adoptar non coincide coa dunha entidade política inscrita ou que non é dunha similitude tan grande que poida inducir a confusión.
As agrupacións de electores carecen de dereito a percibir adiantos de subvención electoral.
Os candidatos non electos das agrupacións de electores permanecen como tales formando parte da lista, e poden acceder ó cargo en caso de vacante durante o mandato.
Deben considerarse promotores das agrupacións de electores aqueles que impulsan ou promoven a presentación de candidaturas por unións de persoas e figuran con tal carácter no escrito de designación dos representantes das súas candidaturas ante as correspondentes Xuntas Electorais.
A acreditación da condición de promotor da agrupación de electores efectúase mediante un escrito en papel común no que se faga constar esta, sen que sexa necesario un mínimo de promotores.
O artigo 205 LOREG considera independentemente cada unha das agrupacións de electores, en cada partido xudicial, polo que non é posible agrupar os votos obtidos por distintas agrupacións de electores que presentaran candidaturas en distintos municipios do mesmo partido xudicial, ós efectos de designación de Deputados Provinciais.
Non poden constituírse agrupacións de electores do que o seu ámbito corresponda ó de un partido xudicial, xa que o seu marco propio, nas eleccións locais, é o municipal.
Maís información en www.juntaelectoralcentral.es