
ESTATUTOS AER
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 1
A denominación da nosa formación política é “Agrupación de Electores de Redondela” (AER).
ARTIGO 2
AER é unha agrupación de electores que ten como obxectivo fundamental rexenerar a democracia en Redondela, tentando obter o máximo de participación cidadá mediante o impulso da democracia directa a nivel municipal; AER defínese como unha agrupación progresista e democrática.
ARTIGO 3
O ámbito de actuación da agrupación é o concello de Redondela (Pontevedra).
ARTIGO 4
-
A organización e o funcionamento interno da agrupación inspíranse nos siguientes principios:
-
Igualdade e inclusión social.
-
Participación e democracia.
-
Sustenibilidade e respecto ao medio ambiente.
-
Recuperación e promoción do patrimonio cultural, lingüístico, urbanístico e entorno natural.
-
A Asemblea é o método para a toma de decisións.
-
O respecto máximo cara tódolos membros da agrupación, na súa liberdade de expresión e de conciencia.
-
A actuación interna, fundamentada no debate e a participación maioritaria dos integrantes.
-
Transparencia: Concello e AER.
-
Tolerancia cero coa corrupción.
-
O pleno respecto á legalidade vixente.
TÍTULO I. DOS MEMBROS E SIMPATIZANTES DA AGRUPACIÓN.
CAPÍTULO I: DOS INTEGRANTES
ARTIGO 5
1. A Solicitude de Afiliación ha de presentarse á Agrupación, a cal tratará sobre a admisión na segunda asemblea que teña lugar mensualmente e poderá admitir ou refusar a proposta cunha maioría de 2/3.
2. Son dereitos dos integrantes:
a)Ter voz e voto na asemblea.
b)Ser elector e elixible pola asamblea.
c)Formar parte da asemblea.
d)Participar nas actividades programadas, como tamén na elaboración e aprobación da liña política da agrupación.
e)Formar parte das listas electorais si son elixidos pola asemblea.
f)Beneficiarse do soporte e a axuda incondicionais da agrupación no caso de persecución pola defensa da agrupación e dos seus acordos.
g)Ser informado de tódalas actividades da agrupación.
h)Utilizar os servizos dos que puidera dispor a agrupación.
i)Participar nas actividades doutras asociacións e partidos políticos. No caso dos partidos políticos, os integrantes poderán participar nas campañas electorais siguintes: estatais, autonómicas e europeas, pero en ningún caso municipais. O integrante que queira exercer este dereito terá que comunicalo á asemblea para que esta otorgue ou denegue o permiso para exercelo.
3. Son deberes dos membros:
a)Aceptar e promover os principios do título preliminar de estes estatutos.
b)Asistir ás reunións que sexan convocados, participar das campañas e actividades xerais da agrupación.
c)Representar á agrupación en todas aquelas funcións ou cargos para os cales sexan designados.
d)Non pertencer a outra organización política constituida no concello de Redondela, nin participar.
e) Pagar as cotas que establezan estos estatutos.
CAPÍTULO II: DA DISCIPLINA
ARTIGO 6
A condición de membro da agrupación pérdese por:
a) Renuncia voluntaria.
b) Expulsión.
ARTIGO 7
O membro da agrupación que teña unha actitude pública notoriamente contraria aos acordos adoptados pola asemblea poderá ser sancionado con medidas que poden chegar ata a expulsión de AER, cun trámite previo dentro da mesma asemblea.
ARTIGO 8
A comisión permanente recibirá a denuncia, dictaminará e elevará á asamblea tanto a denuncia coma o dictame.
ARTIGO 9
O pleno da asemblea é o órgano competente para tramitar o expediente de sanción e/ou a expulsión do membro que foi previamente denunciado por outro membro da agrupación.
ARTIGO 10
A asemblea escoitará, na primeira sesión posterior á denuncia, tanto ao membro denunciado como ao denunciante, ademáis do dictame da comisión permanente.
ARTIGO 11
Cando o membro denunciado ostente un cargo público da agrupación e o dictame sexa a tramitación da expulsión, terá que deixar o seu cargo no prazo máximo dun mes despois de ter sido expulsado.
TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN E O FUNCIONAMENTO DA AGRUPACIÓN
CAPÍTULO I: DOS DIFERENTES ÓRGANOS
Sección primeira: Da asemblea.
ARTIGO 12
A asemblea é o órgano soberano e supremo da agrupación. Tódolos integrantes han de acatar as decisións que se teñan tomado. Para aprobar ou denegar unha proposta necesitarase unha maioría composta por 2/3 dos votos dos membros de AER. Os votos poderán ser emitidos de forma presencial ou a través do foro privado de AER.
ARTIGO 13
As súas funcións son:
a) Definir a liña política municipal.
b) Elaborar e aprobar a lista electoral.
c) Definir o signo dos votos para os asuntos que se trataran nos plenos.
d) Admitir novos integrantes.
e) Vixiar o cumprimento dos acordos tomados.
f) Aprobar o estado de contas.
g) Resolver os procesos disciplinarios.
h) Nomear os cargos da agrupación.
i) Tramitar a disolución da agrupación.
j) Organizar as Asembleas Abertas dirixidas a toda a cidadanía, que poderán propoñer, debater e opinar sobre as cuestións a tratar.
ARTIGO 14
Poden convocar a asemblea un vintacinco por cento dos membros da agrupación, sempre que a orde do día se presente ao secretario/a.
Sección segunda: Da comisión permanente (CP).
ARTIGO 15
Estará integrada polos cargos electos ademais doutros integrantes de AER.
ARTIGO 16
Funcións da CP:
a) Preparar os plenos municipais.
b) Emitir comunicados de prensa, de considerarse necesario.
c) Convocar aos integrantes de AER para os plenos e as asembleas.
d) Informar sobre a incorporación de novos integrantes.
e) Dictaminar sobre as denuncias de indisciplina recibidas.
f) Instruír expedientes disciplinarios.
g) Informar á asamblea das súas xestións.
h) Modificar os Estatutos, sempre que haxa dous terzos (2/3) dos integrantes da CP.
i) Actuar como comisión de urxencia.
CAPÍTULO II: DOS CARGOS
ARTICULO 17
Funcións do Secretario/a:
a) Estender as actas da comisión permanente e das asembleas. Ao finalizar cada asemblea ou comisión permanente porá en coñecemento dos asistentes os acordos tomados; así como ter redactada e publicada a acta nun máximo de quince días.
b) Avisar ao convocador/a, cando haxa reunión da asemblea ou da comisión permanente e tamén para os plenos.
ARTÍCULO 18
Voceiro/a:
a) Será a mesma persoa que exerza de portavoz nos plenos.
b) Este cargo é rotativo, terá unha duración de dous anos. Para unha lexislatura, devandito cargo será desempeñado por un mínimo de dúas persoas, que son votadas en asemblea antes da investidura e transcorrido ese tempo, elixirase de novo, poidendo repetir cargo se a Asemblea/Comisión permanente de AER así o decide.
Funcións:
a) Representar á agrupación.
b) Informar á agrupación de todo o que vaia exercendo no seu cargo.
ARTIGO 19
Funcións do Administrador/a:
a) Levar o estado de contas.
b) Control do gasto electoral.
O administrador/a terá un suplente.
ARTÍCULO 20
Función do Convocador/a:
a) Convocar as asembleas e os plenos sendo previamente informado polo secretario/a.
ARTÍCULO 21
Integrantes da comisión permanente:
a) Teñen como deber asistir ás convocatorias da comisión.
TÍTULO III. DAS FINANZAS
ARTIGO 22
A agrupación financiarase mediante as cotas que satisfarán os integrantes da agrupación, que quedan fixadas na cantidade seguinte:
-
Posibles donacións que poidera percibir.
-
Subvencións públicas estatais, autonómicas ou municipais anuais para gastos de funcionamento, segundo os termos na Lei Orgánica 5/1985.
ARTIGO 23
A asemblea pode decidir fixar cotas extraordinarias.
DISPOSICIÓN FINAL
Estos Estatutos só poden ser modificados pola asemblea comisión permanente e cun consenso da maioría absoluta dos integrantes.