O Partido Popular, seguindo a senda que marca o seu líder a nivel estatal, Pablo Casado, pretende ocupar o espazo mediático con críticas destrutivas ou con propostas demagóxicas.

O BNG de Redondela prefire que pasen os acontecementos e ocupar o espazo mediático con críticas oportunistas e con achegas milagrosas a posteriori, ademais de faltar á verdade nas súas redes socias.

E para a nosa sorpresa e gran desilusión, a alcaldesa de Redondela, súmase á triste tradición de tratar de sacar rédito persoal ou partidista de accións institucionais.

A pandemia do Covid-19 está resultando unha marabillosa oportunidade perdida polos partidos tradicionais p...

AER levará ao pleno deste xoves unha proposta para que os grupos políticos municipais renuncien a parte das asignacións que reciben, e que eses cartos se dediquen a paliar os efectos da crise económica e social provocada pola pandemia na veciñanza redondelá. 

Na Agrupación de Electores consideran que esta é a mellor maneira de amosar o verdadeiro compromiso dos grupos políticos municipais coa sociedade, máis alá de determinadas achegas simbólicas (e cun certo cheiro demagóxico).

A crise sanitaria, económica e social que está a provocar a pandemia do Covid-19 require que as institucións públicas dispoñan do maior número de recursos posibles para...

De “canfrautas” ao goberno. 10 meses.

Extracto dunha conversa/entrevista telemática feita pol@s membro@s Camino e Cuni aos concelleir@s da Agrupación de Electores de Redondela (AER).

Ver boletín 57 en pdf

O goberno saínte do Partido Popular cumpre en silencio, e a medias, unha moción presentada no pleno por AER no 2016 e aprobada por unanimidade.

Moción de AER para sinalización de edificios municipais con pictogramas

En setembro do 2016, AER presentaba a Pleno unha moción mediante a cal explicaba a idoneidade de sinalar edificios públicos mediante o uso de pictogramas para poder facer de Redondela unha vila accesible tamén de xeito cognitivo. Unha vila máis accesible para  persoas con dificultades cognitivas. Dentro desa condición englobaríase ás persoas sen alfabetización completa, persoas estranxeiras que descoñezan o noso idioma, persoas con...

Dende a decisión tomada polo actual goberno municipal do Concello de Redondela de deixar de gravar e difundir os Plenos municipais a principios do 2018, a Agrupación de Electores de Redondela 2015, en aras da transparencia, decidiu asumir a tarefa de gravar as sesións plenarias a través do seu Grupo Político Municipal e cos cartos da asignación que lle corresponde, difundíndoos mediante a súa canle de Youtube:

https://www.youtube.com/channel/UCcjcxXpVUdUtEr5xPZoF7Og/videos

Entenden dende AER que a gravación destes actos públicos e a súa difusión son cruciais na transparencia administrativa, informando e facendo mais accesible á veciñanza de Red...

AER manifestouse sempre en contra de todas as variantes da A-59.

PSOE e BNG estiveron sempre a favor da variante 5 que arrasaría as parroquias do Viso, Ventosela, Reboreda, Quintela, Saxamonde e Vilar.

Javier Bas di que está en contra desta variante 5, pero oculta que o Partido Popular está a favor da variante 11 que afectaría a Os Valos e a Vilar.

A elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) vén de resucitar a pantasma das autovías e das variantes que ameazan Redondela. O equipo redactor do PXOM tentou ata en dúas ocasións, no 2015 e 2016, que o Ministerio de Fomento lle mandase ao noso Concello a información da que dispuña con re...

  • AER devolve 7.238 euros ao Concello de Redondela das “Asignacións aos Grupos Políticos Municipais.

  • AER presenta unha lista renovada para afrontar as súas terceiras Eleccións Municipais co obxectivo de gobernar.

  • O engano do ”milagre económico” de Javier Bas.

  • Deputados provinciais cobraron 200 euros por asistir a unha comisión sen contido e que durou ¡un minuto!.

Ver boletín 55 en pdf     /     Ver boletín 56 en pdf

Informar de que a AER, Agrupación de Electores de Redondela, procedeu á DEVOLUCIÓN de 7.232,03€ AO CONCELLO DE REDONDELA que proveñen das ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS que recibe do mesmo:

...

Agrupación de Electores de Redondela

AER constitúe un instrumento de participación cidadá de carácter horizontal, sen executivas nin liderados alleos. As decisións veñen determinadas pola participación directa e libre de cada membro da agrupación, tanto para dar resposta a temas salientables que se traten nos plenos do Concello como para propor liñas de traballo e información sobre calquera problema xeral ou particular da veciñanza.

As nosas reunións son abertas e contamos ademais cos medios de comunicación que nos facilitan as novas tecnoloxías. Hoxe, as asembleas teñen un dobre carácter: presencial e “virtual”. Somos conscientes das dificulta...

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12