Seguindo coa filosofía de renovación da Agrupación, ningunha das 8 persoas que xa foron concelleiros e concelleiras con AER neste mandato aparece entre os primeiros 6 postos.
A candidatura de AER está encabezada por Susana Couñago, Roberto Villar “Beretix”, Daniel Boullosa, Cuni Orge, Carmela Darriba e Manu Vila.
AER acredita na alternancia, polo que tentará de volver renovar a todos/as os seus concelleiros/as a metade de mandato.
Despois de conseguir o apoio da veciñanza, con unhas seiscentas firmas recollidas, AER preséntase ás súas terceiras eleccións municipais de xeito continuado. Este é un feito sen antecedentes en todo o territorio estata...