Case peor que o malgasto é que o concelleiro de Interior, Arturo González, asinou un contrato de costas ao Concello e sen ter competencias para facelo.

O goberno local do PP negaba a existencia dese contrato.

A finais do ano pasado tivemos coñecemento dos problemas que estaba a ter a empresa “Radiospectrum” para cobrar as  facturas polo servizo de alugueiro dos aparellos de  radiocomunicación (“walkie talkies”) que utiliza a Policía Local de Redondela. Por algún motivo, estas facturas non se estaban pagando, e non se abonaban porque ninguén firmaba a recepción das mesmas. Soubemos que se acumulaban facturas de varios meses e supuxemos que...

Precariedade no departamento de Servizos Sociais.

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) vén de denunciar o abandono por parte do goberno local do Partido Popular do Departamento Municipal de Servizos Sociais. Cada vez vén sendo máis preocupante a total descoordinación política da Concellería de Servizos Sociais, dirixida por Mari Carmen Amoedo. Así é o que está acontecendo coa contratación de dúas traballadoras sociais por un período de 5 meses a través dunha bolsa da Deputación. Este novo persoal foi contratado sen que se habilitase un posto de traballo para poder atender aos usuarios de Servizos Sociais coa necesaria confidencialidade...

Nun concello como Redondela, as “agrupacións de electores” precisan do aval dun mínimo de 500 sinaturas da veciñanza para poder concorrer aos comicios locais.

Unha vez convocadas as eleccións municipais no BOE do día 2 de abril, AER dispón de 20 días para recoller esas 500 sinaturas.

AER comezou instalando postos de recollida de firmas nos cascos urbanos de Redondela e de Chapela, e posteriormente irá ao resto de parroquias.

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) é un colectivo veciñal asembleario que naceu en abril do 2011 froito da indignación cidadá coa situación social, democrática e política; que para non ser un partido máis, decidiu...

RECOLLIDA DE FIRMAS

para a  PRESENTACIÓN da CANDIDATURA

ás ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

do CONCELLO de REDONDELA

PODEMOS CONTAR COA TÚA?

Ver folleto firmas en pdf

Ante unha moción do PP onde se pedía a dimisión de Carmela Silva, Digna Rivas pediu un informe ao Secretario Municipal para que non se incluíse dita moción na orde do día do pleno “por carecer de vinculación coa xestión pública deste Concello”.

O Alcalde pediu na sesión a intervención do Secretario, que manifestou que se ten que interpretar estritamente a normativa, debe advertir que non se podería debater ningunha das mocións presentadas.

Javier Bas decidiu unilateralmente retirar do último pleno todas as mocións.

AER leva pedindo varios anos unha modificación do Regulamento Orgánico do Concello para actualizalo e establecer criterios claros da...

A Secretaría e a Intervención do Concello sinalan que “non sería equitativo que só o Concello onde radica o Centro de Día teña que sufragar parte do seu mantemento”.

O Convenio proposto polo Consorcio e asumido polo Alcalde (de xeito opaco, sen informar aos grupos da oposición) obrigaría ao Concello a pagar 1.500 €/mes por cada praza de titularidade municipal en Redondela.

Das 21 prazas que conta o Centro para residentes maiores, 10 estarían reservadas para veciños de Redondela, polas que o Concello tería que pagar. Paradoxicamente, os residentes doutros concellos serían integramente subvencionados pola Xunta.

A Agrupación de Electores de Redond...

AER remitiu o pasado mes de outubro cadanseu escrito ás administracións competentes denunciando a situación de determinadas infraestruturas do concello.

A lista de demandas remitida elaborouse a partir das esixencias históricas da veciñanza que levan anos sen resposta de ningunha das administracións gobernadas polo PP, PSOE e BNG.

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) quere denunciar o esquecemento das administracións central, da Xunta e da Deputación de Pontevedra con numerosas demandas históricas da veciñanza de Redondela. A dependencia e a submisión dos grupos políticos tradicionais ás súas xerarquías superiores ten demostrado que, po...

As asignacións económicas que perciben os grupos políticos municipais non poderán destinarse a financiar aos seus partidos políticos.

O pleno aproba un regulamento dos máis completos e avanzados no Estado Español en canto a transparencia das dotacións económicas que perciben os grupos políticos.

O PSOE, o BNG e o concelleiro non adscrito negáronse a apoiar este importante avance democrático.

AER leva moitos anos traballando para acadar esta normativa.

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) celebra a aprobación deste novo regulamento que obrigará aos grupos políticos do Concello de Redondela a render contas e a non financiar os seus partidos...

A Agrupación lémbralle ao goberno local que esta é unha iniciativa que foi proposta á Agrupación pola veciñanza xa en 2017, que AER canalizouna en forma de moción e da que o goberno local ten constancia dela xa dende o mes de outubro.

A proposta foi apoiada por tódolos grupos no último Pleno Municipal e agora correspóndelle ao goberno local executala.

AER aproveitou para denunciar a falta de transparencia do goberno local que, tras afirmar que está traballando neste tema, debería ter informado á oposición, especialmente cando AER presentou esta moción xa en outubro de 2018.

No último Pleno Municipal celebrado o pasado xoves 7 de febreiro aprobou...

Hai muros cos que se parapetou recentemente o río que xa comezaron a caer, e no paseo volveu aflorar o lamentable entullo utilizado para a súa construción

AER xa advertira que o Maceiras desborda de xeito natural e que o axeitado sería un sendeiro natural sen necesidade de muros nin “beirarrúas”, pero o goberno local de Javier Bas ignorou estas advertencias.

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) poido comprobar esta mesma semana o lamentable estado que volve a amosar o paseo do río Maceiras, despois das últimas riadas deste inverno.

Hai que lembrar que a primeira fase deste paseo xa tivo que ser reformada tralas inundacións do río no ano...

AER decidiu en Asemblea volver a presentarse ás eleccións municipais por terceira vez.

O seguinte paso será recoller as 500 sinaturas que marca a lexislación que, como mínimo, debe acadar unha agrupación de electores para poder presentarse ás eleccións nun concello como Redondela.

A Agrupación de Electores de Redondela, reunida en Asemblea Xeral, decidiu que AER se presentará por terceira vez ás eleccións municipais o próximo mes de maio. Para que iso sexa posible, AER necesita previamente recoller, como mínimo, cincocentas sinaturas de veciños e veciñas de Redondela con dereito a voto.

Esta é a diferencia máis grande entre AER e os partidos pol...

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12