PARTICIPA
Dende a Agrupación Electores de Redondela dirixímonos a tódolos veciños e asociacións do concello para solicitar a vosa colaboración, en forma de propostas e aportacións.
Achéganos as túas ideas e suxerencias de cara a configurar unha visión ampla, clara e diversa das inquedanzas da veciñanza, das asociacións e entidades de Redondela.
En A.E.R. consideramos que o primeiro paso debe ser escoitar o que a veciñanza de Redondela nos ten que dicir, os problemas que observa no día a día, o modelo de concello que quere deixar para os seus fillos e as cuestións relevantes que ao seu ver débense solucionar dende a administración local.
Dende inicio da súa formación o traballo de AER centrouse en varias áreas temáticas, que se poden enunciar como segue:
- Transparencia
- Participación dos veciños
- Medio Ambiente e Sostenibilidade
- Vías e obras
- Urbanismo
- Infraestruturas
- Interior
- Deportes
- Novas Tecnoloxías
- Cultura
- Turismo
- Limpeza viaria
- Parques e Xardíns
- Servizos Sociais
- Sanidade pública
- Ensino e educación
- Igualdade, muller e conciliación
- Mocidade
- Facenda local
- Desenvolvemento local: emprego, comercio, industria, feiras e mercados.
Do traballo diario dos últimos anos lévase feito unha ampla recompilación de propostas e iniciativas en cada un destes ámbitos, información que xurdiu principalmente dos veciños e entidades de Redondela, así como o noso análise nas asembleas dos problemas e responsabilidades que a administración local debe acometer. Por iso gústanos contar coa vosa colaboración.
Esperamos impacientes as vosas recomendacións e propostas co fin de lograr unha nova dimensión da participación cidadá e tentar cambiar moitos dos problemas existentes.

Tódolos mércores, asemblea aberta de AER no Multiusos da Xunqueira, a partires das 20,00h.