
A.E.R.
Programa electoral 2011
1. AS NOSAS INTENCIÓNS
-
Somos un grupo de veciñ@s de Redondela preocupad@s polo noso pobo e concienciad@s de que xunt@s podemos cambiar as cousas.
-
Rexímonos por unha serie de principios e dun regulamento interno que nos define como agrupación.
-
Crearemos unha canle de comunicación real entre o pobo e o Concello.
-
Queremos fomentar a participación activa de toda a cidadanía.
2. OS PRINCIPIOS QUE NOS DEFINEN
-
Sostenibilidade e respecto ao medio ambiente.
-
Igualdade e inclusión social.
-
Recuperación e promoción do patrimonio cultural, lingüístico, urbanístico e entorno natural.
-
Transparencia: no referente ao Concello e á AER.
-
Tolerancia cero coa corrupción.
-
Participación e democracia.
3. REGULAMENTO INTERNO
-
Somos unha agrupación de electores, non un partido político.
-
A agrupación é aberta, flexible, participativa e democrática.
-
As asambleas son abertas a toda a cidadanía.
-
As propostas poden vir dende calquera identidade ou cidadá/n.
-
Non se farán pactos partidistas. Apoiaranse as propostas puntuais que cumplan cos nosos principios sen ter en conta o partido.
-
Os nosos representantes no concello serán elexidos por asemblea.
4. PRIORIDADES/PROPOSTAS DE ACTUACIÓN
-
Transparencia
-
Participación directa dos veciños
-
Control das contas municipais
-
Sostenibilidade do pobo
-
Fomento de emprego no municipio
-
Descentralización do gasto cara a periferia