PXOM
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL
A continuación axúntanse a proposta dos primeiros documentos elaborados para o novo PXOM de Redondela (Plan Xeral de Ordenación Municipal). A empresa adxudicataria porá a disposición da veciñanza as oportunas canles para propostas e suxerencias así como para que, no caso de detectar incorreccións se comuniquen:
Correo electrónico: idearedondela@redondela.es
Portal web integrado na web municipal: www.redondela.gal
Facebook: IdeaRedondela
Twiter: @ideaRedondela
Presentación Informativa do proceso para a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Redondela
Os traballos de redacción, a cargo da UTE formada por JORNETLLOPPASTOR arquitectes, María Ríos Carballeira e Gabriel Jubete i Andreu, inícianse o 6 de marzo de 2015 coa sinatura do contrato. O documento que se presenta a continuación da cumprimento da lei 21/2013 do 9 de decembro, como borrador de Plan, que xunto có Documento Inicial Estratéxico, formarán parte da solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria. [Estrato do Limar]