I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

COMUNICADO "ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2015" ¡Reflexión AER a 17 Setembro 2014!

Agrupación de Electores de Redondela

 

AER constitúe un instrumento de participación cidadá de carácter horizontal, sen executivas nin liderados alleos. As decisións veñen determinadas pola participación directa e libre de cada membro da agrupación, tanto para dar resposta a temas salientables que se traten nos plenos do Concello como para propor liñas de traballo e información sobre calquera problema xeral ou particular da veciñanza.

As nosas reunións son abertas e contamos ademais cos medios de comunicación que nos facilitan as novas tecnoloxías. Hoxe, as asembleas teñen un dobre carácter: presencial e “virtual”. Somos conscientes das dificultades que moitas persoas teñen para conciliar unha participación política activa coas obrigas laborais, persoais e familiares. É por iso que os correos electrónicos, os foros e as redes sociais constitúen un elemento fundamental da participación, comunicación e decisión no noso funcionamento.

 

Vendo as diferentes propostas que están a xurdir de cara ás próximas eleccións municipais, temos que amosar certa estrañeza pola presunta necesidade de crear novas plataformas electorais municipais, cando AER ven sendo unha plataforma aberta, dende hai case catro anos, asemblearia e non partidista. É dicir, unha ferramenta que calquera persoa con inquedanzas de participación puido e pode utilizar. A Agrupación de Electores de Redondela sempre foi e é unha plataforma cidadá que pretende restituír o protagonismo para a cidadanía.

 

Compartimos case todas as cousas que se din dende estas iniciativas, como “Somos Maioría” ou as “Mareas”, pero non vemos que se plasmen na práctica. Fálase de unidade cando o baile de siglas e coalicións electorais nestes últimos anos é mareante, ou cando para elaborar unha moción en Redondela polo dereito a decidir foi imposible chegar a un acordo. Fálase de importancia dos Concellos, cando nestes últimos anos non se fixo case ningunha iniciativa ou proposta en Redondela sobre as competencias municipais, tanto polos grupos que xa están na Corporación como nos que están sen representación no Concello.

 

Temos que salientar que o noso ámbito de participación ven determinado polas competencias propias atribuídas ás Corporacións Locais, sen outra xerarquía que a determinada pola decisión dos que conformamos a Agrupación. Para outros ámbitos de participación política (Autonómica, Estatal ou Europea) cóntase cos grupos políticos que son quen de propor reformas lexislativas e transformacións sociais para as que os Concellos non teñen competencias. Nós, cada quen, utiliza o dereito de voto libre neses ámbitos, segundo o seu criterio persoal, sen que por parte de AER exista supeditación algunha ao respecto.

 

Queda claro, pois, que AER é fundamentalmente un espazo de participación política a nivel municipal, asembleario, participativo, aberto e sen sometemento a xerarquía algunha máis alá do que nós mesmos decidamos.

Temos que aclarar que como filosofía política inherente á nosa visión de participación, non admitimos como axeitados os modelos partidistas de decisión xerárquicos. Veñan de onde veñan. Tanto nos ten que veñan de Pontevedra, Compostela ou Madrid. Todo elo non quere dicir que sexamos alleos ás problemáticas máis xerais, pero …. “PENSA GLOBAL E ACTÚA LOCAL”; esa máxima xunto co noso lema electoral “NÓS SOMOS VOS” constitúen os principios básicos que se traducen nunha praxe determinada por: “PARTICIPACIÓN E TRANSPARENCIA”.

 

Aquí estamos, seguimos e non vemos nada novo nas propostas que se están a facer respecto da participación política a nivel local. Polo tanto, AER volverá presentarse outra vez nas vindeiras eleccións municipais de xeito independente e como unha Agrupación de Electores. Dende o principio sempre dixemos que queremos outro xeito de facer política e tentaremos demostrar así que isto é posible.

 

AER non nace dos partidos políticos, nace da xente. Moit@s membros xa renunciamos no seu momento a máximos ideolóxicos, e mesmo a estar en partidos moi afíns ao noso ideario (en Redondela é ben fácil facer isto), para traballar e avanzar neste proxecto que comezamos con moita ilusión hai máis de 3 anos.

 

Esperamos contar coa participación daquelas persoas que queiran ser protagonistas das decisión que lle afectan directamente, que queiran ser activos segundo as súas capacidades, intereses e vontade, para que “XUNT@S” sexamos quen de decidir por nós mesmos que Redondela queremos para os nosos descendentes e para nós mesmos, sen que nos veñan a dicir nin o “que” nin o “como”. Non precisamos pastores porque non somos ovellas.

 

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12