I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER devolve 8.000€ ao Concello de Redondela das "Asignacións aos Grupos Políticos Municipais"

 

A Agrupación de Electores de Redondela presentou unha moción no pleno de febreiro 2015 onde se solicitaba a creación dun REGULAMENTO para as ASIGNACIÓNS E SUBVENCIÓNS AOS GRUPOS POLITICOS MUNICIPAIS. Dita moción foi aprobada por UNANIMIDADE e chegouse ao acordo de crear dito Regulamento por parte de tódolos Grupos Políticos.

Despois deste tempo sen ter noticias, nin ver a mais mínima intención de crear dito regulamento por parte do resto de grupos políticos, que aprobaron esta nosa iniciativa no pleno do Concello, e tendo tan cerca a fin da lexislatura, a nós si nos gustan AS CONTAS CLARAS e queremos informarvos de que esta é a postura de AER e a súa decisión, xa que non existe aínda ese citado regulamento, onde quedaría definida.


Informar de que o GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL AER procedeu á DEVOLUCIÓN de OITO MIL EUROS (8.000€) AO CONCELLO DE REDONDELA que proveñen das ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS que recibe do mesmo:

                                                                           

En AER cada trimestre ingresamos 1.200 euros, 900€ por grupo político mais 300€ por 1 concelleiro,  que despois de catro años de lexislatura nos deixan os seguintes números,

 

Resumo Contas Asignacións ao Grupo Político Municipal AER na Lexislatura (maio2011 – maio2015):

 

Total Ingresado: 19.200€

Total DEVOLUCIÓN AER: 8.000€

Gasto  medio Mensual: 233€

Gasto medio Anual: 2.800€

Gasto total lexislatura(4 anos): 11.200€


A forma en que o Concello abona estes cartos como Asignación aos Grupos Políticos Municipais é trimestral. Esta dotación económica ao Grupo para o seu funcionamento, deberá contar cun compoñente fixo que é de 900€ no noso Concello, idéntico para tódolos grupos, e outro variable de 300€,  en función do número de concelleiros/as de cada un deles.

 

Se ben a regulación estatal existente fai referencia a que as cantidades serán as que cada ano determine a “Ley General de Presupuestos”, nunca dita lei fixou ningún límite, polo tanto, cada corporación libremente determina o importe total a repartir entre os grupos políticos que a integran.

 

O precepto legal esixe a cada grupo levar unha contabilidade da asignación que unicamente terá que poñer a disposición do pleno da corporación, cando este lla pida.

Debido a que esa contabilidade lévaa o propio Grupo e só a mostra ao pleno cando este lla pide, algo que sabemos non pasa e que puidemos comprobar nestes catro anos, a contabilidade municipal só rexistra as saídas de fondos aos grupos, pero non ten os xustificantes do destino dado polo grupo a eses cartos.


Tendo en conta que ese diñeiro é diñeiro que o Concello asigna aos representantes electos polos veciños e os grupos dos que estes forman parte, para poder cubrir eses gastos derivados do funcionamento de ditos grupos, é de xustiza que dende AER devolvamos esta cantidade que non gastamos nestes catro anos, xa que non a necesitamos ata o de agora, para a fin para o que nos foi asignada. Por suposto devolvemos estes cartos a quen nolos deu, que foi o Concello de Redondela, ou mellor dito, todos nós!


Como sabedes, as nosas contas son públicas dende o 2011, ano de nacemento e constitución da Agrupación de Electores de Redondela (AER) e podedes consultalas en calquera momento nesta nosa páxina web:  www.aeredondela.com - CONTAS AER e nos boletíns AER Informa, tamén en papel, cando son publicadas anualmente.


O que non temos tan claro, ante o descoñecemento público das contas do resto dos Grupos Políticos Municipais con representación no Concello de Redondela, e que nos preguntamos, porque nos custa un pouco entender vendo os números correspondentes ao noso gasto, é onde os demais grupos, en especial os mais representados, gastan estes cartos ingresados durante estes mesmos catro anos:


PP [ 10 concelleir@s]: 

  • 900€ por Grupo + 3.000€ total por Concelleir@s (300€ concelleir@ x 10)=  3.900€/trimestre

  • 3.900€ por trimestre x 16 trimestres (4 anos de lexislatura)= 62.400€ TOTAL Ingreso lexislatura.

 

PSOE [ 8 concelleir@s]: 

  • 900€ por Grupo + 2.400€ total por Concelleir@s (300€ concelleir@ x 8)=  3.300€/trimestre

  • 3.300€ por trimestre x 16 trimestres (4 anos de lexislatura)=  52.800€ TOTAL Ingreso lexislatura.

 

BNG [ 2 concelleir@s]: 

  • 900€ por Grupo + 600€ total por Concelleir@s (300€ concelleir@ x 2)=  1.500€/trimestre

  • 1.500€ por trimestre x 16 trimestres (4 anos de lexislatura)= 24.000€ TOTAL Ingreso Lexislatura.

 

AER  [ 1 concelleir@]: 

  • 900€ por Grupo + 300€ total por Concelleir@s (300€ concelleir@ x 1)=  1.200€/trimestre

  • 1.200€ por trimestre x 16 trimestres (4 anos de lexislatura)= 19.200€ TOTAL Ingreso Lexislatura.

  • DEVOLUCIÓN: 8.000€


TOTAL ASIGNACIÓNS A TÓDOLOS GRUPOS POLÍTICOS NA LEXISLATURA: 158.400€


Nós debemos recoñecelo, nestes catro anos non vimos que ninguén dera CONTAS das súas CONTAS, nin temos novas da súa publicación en ningures, como pensamos que  debería ser,  facendo así honra ao alarde da súa tan citada "transparencia" que non só deberían predicar, se non tamén practicar!!!

 

O que si, gustaríanos pedir dende aquí por se alguén nos está escoitando esta vez,  de seguro que si, e debido a que nós non podemos elixilo, que o Concello ou máis ben os seus dirixentes fagan unha boa xestión e uso deses cartos, destinándoos quizais a gastos máis do antollo dos tempos que vivimos, coma pode ser e por dar algunha idea, ás necesidades básicas e prioritarias das persoas.

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12