I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

COMUNICADO-REFLEXIÓN: 20D Eleccións Estatais

Perante as continuas manifestacións e invitacións cara apoiar determinadas candidaturas de “confluencia”, AER ten que manifestar que nós, como espazo municipalista, non amosaremos apoio ou identificación con ningunha das plataformas emerxentes en Galiza ou no Estado Español.

 

AER non é un partido, nin tampouco un grupo ideolóxico monolítico. Somos unha agrupación electoral “MUNICIPALISTA” e consecuentemente aquí cabemos tod@s. Dentro de AER existen moitas sensibilidades ideolóxicas. Pero somos quen de convivir nunha praxe cotiá que analiza, estuda, discute e decide; nun plano absolutamente horizontal para tomar as nosas decisións.

 

AER expresa de xeito contundente a absoluta liberdade dos seus membros para apoiar a quen considere oportuno neses espazos de participación política máis alá do noso ámbito de participación; o municipalismo.

 

Grazas por todas cantas invitacións temos recibido ao respecto. Pero só somos unha Agrupación de Electores de Redondela. E como tal non consideramos que poidamos, nin debamos,  pronunciarnos respecto das inquedanzas ou ideas daqueles que forman ou simpatizan con esta alternativa “MUNICIPALISTA” e tratar de influír na súa reflexión-decisión respecto das próximas eleccións estatais.

 

Visto o xeito no que se artellaron as dúas candidaturas "unitarias" en Galiza, unha en torno a un partido e outra en torno á coalición de tres, sería absurdo non comprender certas incompatibilidades entre o noso modo de ver a praxe política coa destas opcións partitocráticas.

 

Esperamos que para as vindeiras eleccións en Galiza sexa posible a unidade nunha candidatura galega única, de base cidadá e disposta a defender á xente a ao País.

 

P.D.-  Con respecto á nosa experiencia en Redondela, nas pasadas eleccións municipais puidemos comprobar como naceron dous “espazos de confluencia” que falaban do “empoderamento cidadán” no noso concello. Espazos que a día de hoxe practicamente están desaparecidos e nos que moitos dos seus membros adicáronse e adícanse a intentar dinamitar esta Agrupación de Electores. Espazos que por defender unhas siglas de partido, evitaron que esta Agrupación obtivera uns mellores resultados dos que tivo, e ter máis forza para facer un goberno realmente alternativo. Sen esquecer que despois non dubidaron en criticar que deberiamos ternos posto a disposición dunha alternativa de ¿“esquerdas”? chamada PSOE.

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12