I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER Informa: Modificación da Ordenanza Municipal de Prevención de Situacións de Exclusión Social do Concello de Redondela

AER INFORMA:

 

 

ORDENANZA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DE SITUACIÓNS DE EXCLUSIÓN SOCIAL DO CONCELLO DE REDONDELA

 

 

A partir deste sábado 16 de xullo de 2016 entra en vigor a nova modificación de dita ordenanza aprobada definitivamente en pleno o pasado 24 de maio de 2016 e publicado o seu texto íntegro no BOPPO nº.122 de data 28 de xuño 2016.

 

Dende AER o que se pretendeu coas nosas propostas e achegas nas distintas comisións a dita modificación foi:

 

-Chegar a máis veciños/as demandantes deste tipo de axudas:  Aumentado o límite de ingresos, que ata o de agora estaba dentro dos límites do IPREM, ao SALARIO MÍNIMO.

 

-Facilitar os trámites aos interesados o máximo posible coa incorporación da TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA: Entendemos que nós como Concello somos a Administración e somos nós os que temos que tramitar e facilitar na medida do posible esta parte burocrática aos veciños, dándolles as maiores facilidades.

 

-Definir os procedementos, de xeito que existan uns prazos, tanto para Administración como para os solicitantes, que consideramos necesarios sexan definidos de forma clara, obxectiva e común para tod@s.

 

Entre as medidas e propostas máis destacadas que AER propuxo nas Comisións para esta modificación e que así reflicten as actas oficiais das mesmas, están:

 

  • Aumentar o límite da renda per cápita mensual bruta da unidade de convivencia do IPREM 532,51 €/mes, ao SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL (SMI) 655,20€/mes. Deste xeito as unidades de convivencia que antes tiñan que manterse dentro dos límites do IPREM nos seus ingresos para poder optar a esta axuda, agora verán aumentado dito límite ao SMI, de xeito que máis veciños poidan optar a este tipo de axudas.

 

  • Aumentar o límite dos meses de aluguer para ás vítimas de violencia machista, pasando de 6 meses da anterior ordenanza aos 12 meses de aluguer (un ano) actuais. Esta medida propúxose para tentar darlles unha estabilidade real ás mulleres ou familias que se atopen nesta situación, xa que entendemos en seis meses dificilmente se acada e as veces nin sequera nun ano. Recordamos que estas axudas son anuais, o que quere dicir que no caso de seguir necesitándoa despois dese primeiro ano, poderían volver solicitala para o ano seguinte e darlle así unha continuidade a esa estabilidade necesaria de forma real.

 

  • Lamentar outra proposta que foi rexeitada neste caso, que supuña que á hora de analizar os ingresos da unidade de convivencia se tiveran en conta tamén as cargas de dita unidade, xa que entendemos que non telas en conta pode provocar casos de inxustiza na concesión, ou máis ben, non concesión das mesmas.

 

Comentar que aínda que o orzamento para este tipo de axudas pasara dos 60.000€ de anos anteriores aos 80.000€ actuais, o gasto no ano pasado 2015 só alcanzou os 30.000€, no ano 2014 os 20.000€, e no 2013 foron 5.500€ dende a súa aprobación en xuño ata decembro. Por iso cremos que é importante ter un orzamento suficiente. pero máis importante aínda é facilitar que as axudas cheguen aos demandantes, motivación primeira para a vontade de modificación desta ordenanza por parte de AER.

 

Temos claro que o principal non é que se orzamente moi por riba do que se gasta, senón as facilidades para reverter eses orzamentos e partidas tan necesarias nos cidadáns e non en convertelos en excedentes de orzamento. Todo isto tentamos conseguilo facilitando que as persoas que a necesiten poidan acceder dun xeito máis rápido a esta axuda; recordemos que é unha axuda de emerxencia, con máis facilidade á hora de tramitar, e aumentando uns límites que non eran  nin sequera o mínimo que unha persoa debe cobrar por lei en calquera ocupación ou traballo, xa que todos sabemos que eses límites seguen a ser insuficientes e deficitarios.

 

Dende AER animámosvos a todos os que por algún motivo vos foron rexeitadas estas axudas municipais de prevención de situacións de exclusión social, a que revisedes os vosos expedientes para estas novas medidas ou a que vos informedes de se con estas novas condicións teriades aceso a elas.

 

Tamén queremos facer un chamamento para seguir facendo propostas ou melloras por parte dos usuarios ou veciños que consideren que existen puntos ou situacións nas que poidamos mellorar, para así poder conseguir que estas axudas cheguen ao maior número de veciñ@s posible.

 

 

Texto íntegro da ordenanza:

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12