I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER denuncia que a reforma da Alameda de Castelao non cumpre coa normativa de accesibilidade.

As novas ramplas que conectan espazos a diferente nivel non son lisas, teñen resaltes e, ademais, carecen de  varandas.

 

A obra realizada aínda creou novas barreiras arquitectónicas.

 

AER solicita que se arranxen as deficiencias e insta a que cada obra futura respecte de principio a fin a accesibilidade.

 

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) denuncia que a reforma executada na Alameda de Castelao no centro de Redondela non cumpre coa normativa en materia de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

 

O Real Decreto 505/2007, de 20 de abril, polo que se aproban as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados e edificacións, sinala no seu artigo 12.1 que “La pavimentación de los itinerarios peatonales dará como resultado una superficie continua y sin resaltes, que permita la cómoda circulación de todas las personas. El pavimento tendrá una resistencia al deslizamiento que reduzca el riesgo de los resbalamientos. Se evitarán elementos sueltos o disgregados que pueden dificultar el paso.”

 Imaxe 1: Rampla construída na última reforma da Alameda

 

 

Na Imaxe 1 vese unha das novas ramplas construída cun pavimento que non é liso e que tampouco carece de resaltes. O Código de Accesibilidade editado pola Xunta de Galicia é o documento en vigor que recolle os aspectos técnicos da normativa galega para a supresión de barreiras nos espazos urbanos. Nese Código sinálase tamén que os pavimentos destas ramplas teñen que ser “...duros, antiesvarantes e sen relevos”. Esta normativa autonómica completa á estatal e sinala, ademais, que é obrigatorio o uso de varandas nestes espazos. Estamos ante outro incumprimento como se ve na imaxe.

 

O RD 505/2007 no seu artigo 12.4 tamén di que “Las rejillas, registros y demás elementos de infraestructuras existentes en la vía pública estarán enrasados o fuera del espacio libre de paso de los itinerarios peatonales. Además, en el caso de rejillas y sumideros, su diseño posibilitará sin problema el paso de sillas de ruedas y sillas de bebés, y evitará la entrada de bastones, muletas, o tacones de zapato”.

 

Imaxe 2: Espazo diante do edificio do Concello que

non se adecuou na última reforma da Alameda

 

Na Imaxe 2 vese que a última reforma non se aproveitou para eliminar un espazo que volve a incumprir a normativa estatal e autonómica de accesibilidade. Asemade, reflicte a falta de sensibilidade do Goberno local. Trátase dunha obra cun custo de preto de 150.000 euros e que tardou máis de 6 meses en rematarse, pero dende o goberno de Bas non foron quen de adecuar ese espazo para favorecer o acceso ás persoas con mobilidade reducida.

 

Creáronse novas barreiras arquitectónicas

 

A imaxe 3 é o colofón ao desinterese da administración Bas por favorecer a accesibilidade. A construción dese bordo que se ve na fotografía impide o acceso á fonte que está na Alameda a calquera persoa en cadeira de rodas.

 

Imaxe 3: A fonte inaccesible

 

Proposta de AER

 

AER solicita que se reconstrúan as novas ramplas utilizando lousas de pedra en lugar de lastros, que se insiran as preceptivas varandas, e que se elimine a barreira construída arredor da fonte. Asemade, dende AER ínstase a que, cada vez que se faga una  obra, se respecten de principio a fin a accesibilidade presente e futura.

 

 

Enlaces á Normativa:

 

 

Máis ramplas...

 

 

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12