I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER denuncia que o paseo do Maceiras volve presentar un estado lamentable despois das últimas riadas

Hai muros cos que se parapetou recentemente o río que xa comezaron a caer, e no paseo volveu aflorar o lamentable entullo utilizado para a súa construción

 

AER xa advertira que o Maceiras desborda de xeito natural e que o axeitado sería un sendeiro natural sen necesidade de muros nin “beirarrúas”, pero o goberno local de Javier Bas ignorou estas advertencias.

 

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) poido comprobar esta mesma semana o lamentable estado que volve a amosar o paseo do río Maceiras, despois das últimas riadas deste inverno.

 

Hai que lembrar que a primeira fase deste paseo xa tivo que ser reformada tralas inundacións do río no ano 2016. Daquela, o sendeiro compacto que o goberno de Javier Bas decidiu construír a modo de beirarrúa no medio natural fora completamente arrasado deixando ao aire o material de refugallo utilizado como baldosas, formigón, etc; tal e como denunciou no seu día o PSdG de Redondela.

 

As chuvias deste inverno volveron a pór de manifesto que a solución elixida polo Partido Popular de Redondela é un disparate, economicamente desastroso e prexudicial para o medio ambiente. Sendo este un ano pluviométrico normal, o paseo xa acusou o efecto da crecida do caudal do Maceiras.

 

Nas imaxes seguintes pódese ver como a auga arrastrou parte do xabre, deixando á vista o material de refugallo de construción utilizado como cimentación do paseo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A forza da auga, como era previsible, tamén está a afectar aos muros de contención construídos polo goberno local, tal e como se observa nas seguintes imaxes, supoñendo neste caso un problema engadido de seguridade para os usuarios do paseo.

 

 

 

Histórica oposición de AER

 

AER sempre estivo a favor da creación dunha actuación que facilitara o acceso e o lecer na contorna do río Maceiras, pero dun xeito moito máis económico e medioambientalmente máis sostible. A proposta de AER sempre foi a de facer un sendeiro natural, sen necesidade de construír muros de contención a modo de escollera que altera o curso natural do río.

Nesta liña, xa en 2015, cando se iniciou esta construción, AER fixo un rogo para reformular o proxecto que foi totalmente ignorado polo goberno de Javier Bas. En maio de 2018 AER solicitou a Augas de Galicia a paralización das obras da terceira fase desta actuación, xustamente por que a empresa adxudicataria da obra estaba utilizando material non axeitado na construción de muros de contención.

 

Nas tres fases desta obra nunca se respectaron os proxectos da mesma. Utilizáronse materias prohibidos (o caso dos refugallos mencionados), fixéronse máis muros dos proxectados e non se plantou a cantidade de árbores recollidas nos diferentes proxectos.

 

 

 

Ver nota en pdf

 

 

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12