I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

Aprobada no pleno a moción de AER para combater o “feísmo” arquitectónico con murais artísticos

A Agrupación lémbralle ao goberno local que esta é unha iniciativa que foi proposta á Agrupación pola veciñanza xa en 2017, que AER canalizouna en forma de moción e da que o goberno local ten constancia dela xa dende o mes de outubro.

 

A proposta foi apoiada por tódolos grupos no último Pleno Municipal e agora correspóndelle ao goberno local executala.

 

AER aproveitou para denunciar a falta de transparencia do goberno local que, tras afirmar que está traballando neste tema, debería ter informado á oposición, especialmente cando AER presentou esta moción xa en outubro de 2018.

 

No último Pleno Municipal celebrado o pasado xoves 7 de febreiro aprobouse por unanimidade a moción elaborada pola Agrupación de Electores de Redondela (AER) para instar ao goberno local a implantar un programa de murais artísticos (graffitis) que sirva para combater o feísmo arquitectónico, que non para “esconder” os incumprimentos urbanísticos de obras sen rematar, como se chegou mesmo a suxerir no transcurso do pleno. Segundo o aprobado, o goberno local deberá aportar a financiación e involucrar aos propietarios públicos ou privados das edificacións e infraestruturas candidatas a posibles intervencións artísticas.

 

 

Iniciativa da veciñanza

 

A verdadeira iniciativa desta moción veu da veciñanza, tanto de veciños da zona da Picota onde hai diversos muros de formigón antiestéticos como da Asociación de Veciños de Chapela, que xa en agosto de 2017 solicitou un concurso de graffitis para loitar contra as pintadas (non artísticas) que sufría o casco urbano chapelano. AER recolleu esa iniciativas veciñais para darlle corpo político. Dende agosto de 2017 AER traballou nesa moción que finalmente se rexistrou en outubro de 2018. Quedoulle claro ao goberno local que AER non improvisa as súas mocións e non fai política oportunista.

 

 Autor: POWONE.

Mural en  Redondela. Iniciativa veciñal Asociación Millo Verde

 

 

Goberno de Bas que se colga medallas

 

Antes do pleno, e unha vez que a moción de AER xa estaba presentada dende outubro, o Partido Popular de Redondela acusou a AER de “intentar de apropiarse desta idea na que o goberno local xa están traballando dende meses”. Se isto que din é certo, quen trata de outorgarse méritos políticos aproveitando as demandas da veciñanza e dunha moción doutro grupo político, para variar, é o goberno de Bas.

 

Neste senso a Agrupación respondeulle ao goberno local que se realmente están traballando no senso indicado na moción dende outubro, o que demostran unha vez máis é unha total falta de transparencia á hora de poñer en coñecemento dos demais grupos políticos dos proxectos municipais. AER pola contra fai propostas con tempo, argumentadas e buscando o consenso de tódolos grupos políticos para que este tipo de iniciativas teñan o maior respaldo político e social. Pola contra, o Partido Popular prefire calar a boca durante meses e “esconder” os seus proxectos nun afán ocultista inexplicable. 

 

Dende a Agrupación de Electores tamén se aproveitou para agradecer finalmente o apoio de tódolos grupos políticos a esta proposta, que responde fundamentalmente a unha demanda e inquietude veciñal.

 

 Autor: Marcos Míguez Puhinguer

 

 

Ver nota en pdf

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12