I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER DENUNCIA OPORTUNISMO DOS PARTIDOS TRADICIONAIS PARA CON REDONDELA

AER remitiu o pasado mes de outubro cadanseu escrito ás administracións competentes denunciando a situación de determinadas infraestruturas do concello.

 

A lista de demandas remitida elaborouse a partir das esixencias históricas da veciñanza que levan anos sen resposta de ningunha das administracións gobernadas polo PP, PSOE e BNG.

 

 

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) quere denunciar o esquecemento das administracións central, da Xunta e da Deputación de Pontevedra con numerosas demandas históricas da veciñanza de Redondela. A dependencia e a submisión dos grupos políticos tradicionais ás súas xerarquías superiores ten demostrado que, polo menos en Redondela, tanto PP, como PSOE e o BNG sexan uns simples títeres que non actúan pensando na veciñanza de Redondela, senón en satisfacer ao seus grupos políticos.

 

Demandas da veciñanza, oportunismo dos partidos tradicionais.

 

Como se pode comprobar na nota anexa de 15 outubro de 2018 e nos outros tres documentos, AER enviou cadanseu escrito ao Goberno do Estado, á Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, remitíndolle diferentes listas de demandas, a cada unha segundo as súas competencias.

 

En total suman 25 puntos nos que AER non fixo máis que recompilar as demandas transmitidas pola veciñanza durante anos. Sorprendentemente ningunha destas institucións respondeu a estas demandas, mentres que os candidatos e candidatas locais dos partidos nos diferentes gobernos alardean de electoralismo “anunciando” solucións inmediatas a eses mesmos problemas. 

 

 

Política  con altura de miras.

 

AER considera que as administracións deben responder de xeito contundente, rápido e eficiente antes as xustas demandas veciñais. A Agrupación, que sabe perfectamente o que supón gobernar unha administración e xestionar axeitadamente os recursos públicos da veciñanza, entende non obstante que as solucións teñen que vir de xeito gradual e en función da dispoñibilidade orzamentaria. Pero teñen que existir solucións, e neste caso a Xunta, a Deputación e máis o Goberno do Estado esquécense do noso concello.

 

 

Ver nota en pdf

 

 

 

 

Podedes consultar o anterior comunicado "Demandas Administracións" de data 15/10/2018, ao Estado Español, á Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

 

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12