I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

OS INTERESES PARTIDISTAS DE PSOE, PP E BNG PODEN IMPEDIR QUE SE DEBATAN MOITAS MOCIÓNS NO PLENO DE REDONDELA

Ante unha moción do PP onde se pedía a dimisión de Carmela Silva, Digna Rivas pediu un informe ao Secretario Municipal para que non se incluíse dita moción na orde do día do pleno “por carecer de vinculación coa xestión pública deste Concello”.

 

O Alcalde pediu na sesión a intervención do Secretario, que manifestou que se ten que interpretar estritamente a normativa, debe advertir que non se podería debater ningunha das mocións presentadas.

 

Javier Bas decidiu unilateralmente retirar do último pleno todas as mocións.

 

AER leva pedindo varios anos unha modificación do Regulamento Orgánico do Concello para actualizalo e establecer criterios claros da organización dos plenos, pero ningún grupo político, nin do goberno nin da oposición, mostrou interese.

 

O mes pasado, o pleno do Concello de Redondela viviu un dos seus momentos máis esperpénticos dos últimos anos. Na xunta de voceir@s celebrada uns días antes da sesión, decidiuse, como de costume, a orde das mocións que se debaterían no pleno ordinario de febreiro. A primeira moción en debaterse ía ser unha do PP na que se pedía a dimisión da presidenta da Deputación, Carmela Silva, polo “enchufe da súa cuñada” nunha empresa concesionaria do Concello de Vigo.

 

O PSOE decidiu “romper a baralla” pedindo non debater unha moción do PP sobre Carmela Silva.

 

A voceira do PSOE non comentou en ningún momento desa xunta de voceir@s que o seu grupo quería impugnar esa moción. Unhas horas despois, a candidata do PSOE, Digna Rivas, presentou un escrito no Concello solicitando que o Secretario emitise informe negativo sobre a inclusión desa moción do PP na orde do día do pleno, por  “carecer de vinculación coa xestión pública deste Concello” e por ser “atentatoria contra a honra das persoas aludidas” na moción. O PSOE en ningún momento se puxo en contacto con AER para informar desta petición. A pesar de que ese escrito de Digna Rivas non obrigaba ao Secretario a realizar ningún informe, xa que non ía asinado por un mínimo da cuarta parte do pleno, o alcalde decidiu  pedir a intervención do Secretario durante a sesión plenaria.

 

 

O Regulamento orgánico actual (ROC), aprobado polo goberno anterior do PSOE e BNG, establece que as mocións deben ser “relativas ás competencias municipais.

 

O Secretario dixo que se interpreta rigorosamente o Regulamento Orgánico do Concello (ROC) e a lexislación superior, debe concluír que ningunha das mocións presentadas se pode debater por non ser “resolutivas”; ben porque son “rogos” ou por non ser sobre “competencias municipais.” Ante esta nova situación, o alcalde Javier Bas decidiu unilateralmente retirar todas as mocións da orde do día, a pesar de que os grupos da oposición estaban dacordo en debatelas, e convocou a unha xunta de voceir@s para o martes 5 de marzo.

 

Sen acordo na xunta de voceir@s.

 

Na xunta de voceir@s celebrada o pasado martes 5 de marzo, á que asistiron todos os grupos municipais, o Partido Popular pediulle ao PSOE que retire o recurso presentado por Digna Rivas, e Javier Bas propuxo asinar por escrito un acordo no que todos os grupos políticos do pleno se comprometan a debater todo tipo de mocións como ata agora, a pesar da advertencia do Secretario Municipal. O PSOE rexeitou a proposta e o voceiro do BNG manifestou que “non asinaría nada co PP”. Dende AER, aínda que se considera que o prioritario é establecer un novo Regulamento Orgánico, non se puxo obxección a que todos os grupos asinen por escrito un acordo verbal que houbo durante todos estes anos; sempre e cando asinen todos.

 

Novamente vemos como os intereses partidistas de uns e outros prexudican os intereses da veciñanza de Redondela, que pode ver como no pleno deixan de debaterse mocións sobre diversos temas importantes para o noso concello, así como propostas presentadas por colectivos de Redondela.

 

 

Ver nota en pdf

 

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12