I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER PROPÓN QUE TODOS OS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS RENUNCIEN A 90.000 EUROS NESTE MANDATO PARA AXUDAR NA LOITA CONTRA O COVID-19

AER levará ao pleno deste xoves unha proposta para que os grupos políticos municipais renuncien a parte das asignacións que reciben, e que eses cartos se dediquen a paliar os efectos da crise económica e social provocada pola pandemia na veciñanza redondelá. 

 

Na Agrupación de Electores consideran que esta é a mellor maneira de amosar o verdadeiro compromiso dos grupos políticos municipais coa sociedade, máis alá de determinadas achegas simbólicas (e cun certo cheiro demagóxico).

 

A crise sanitaria, económica e social que está a provocar a pandemia do Covid-19 require que as institucións públicas dispoñan do maior número de recursos posibles para paliar os seus efectos negativos. Dende o Concello de Redondela será necesario levar a cabo diferentes tipos de medidas, especialmente no ámbito social e económico. Pero calquera iniciativa do Concello implicará ben un aumento do gasto, ben un descenso de ingresos.

 

Partindo de que os recursos municipais son limitados, vemos necesario buscar medidas de aforro. Fronte a iniciativas doutras forzas políticas, AER pensa que a mellor maneira que teñen os grupos políticos de seren útiles é rebaixar as asignacións económicas que perciben dos orzamentos municipais.

 

Proposta de AER: aforrar 90.000 euros neste mandato para destinalos a loitar contra os efectos do Covid-19.

 

A Agrupación de Electores de Redondela leva ao pleno deste xoves a seguinte proposta:

 

“Que a asignación aos grupos políticos sexa dunha contía de 2.700 € brutos anuais para o grupo político, máis 300 € brutos anuais por cada concelleiro/a que teña o grupo político”.

 

A proposta de AER substituiría á que actualmente está en vigor e que foi aprobada no Pleno celebrado o 5 de setembro de 2019 cos votos a favor de Bloque Nacionalista Galego e do Partido Popular (cousas veredes). As asignacións aprobadas por BNG e PP supoñen un custe anual de 22.500 euros (90.000 euros no mandato de 4 anos) superior á proposta que foi levada a ese mesmo pleno polo goberno (PSdG-AER), tal como se reflexa na seguinte táboa:

 

 

A Agrupación de Electores de Redondela considera que este é o momento para que todos os grupos políticos amosen o seu verdadeiro compromiso de realizar un esforzo económico solidario coa veciñanza. En AER somos conscientes que, lamentablemente, os efectos negativos do Covid-19 na sociedade redondelá van ser duradeiros e será necesario que o Concello conte con recursos estables e duradeiros no tempo. Consideramos que a situación é de extrema gravidade e que non será suficiente con determinadas achegas simbólicas (e cun certo cheiro demagóxico).


Ver nota en pdf.

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12