I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

OS PARTIDOS POLÍTICOS TRADICIONAIS FRONTE Á CRISE SEGUEN IGUAL, NON PASAN PÁXINA

O Partido Popular, seguindo a senda que marca o seu líder a nivel estatal, Pablo Casado, pretende ocupar o espazo mediático con críticas destrutivas ou con propostas demagóxicas.

 

O BNG de Redondela prefire que pasen os acontecementos e ocupar o espazo mediático con críticas oportunistas e con achegas milagrosas a posteriori, ademais de faltar á verdade nas súas redes socias.

 

E para a nosa sorpresa e gran desilusión, a alcaldesa de Redondela, súmase á triste tradición de tratar de sacar rédito persoal ou partidista de accións institucionais.

 

A pandemia do Covid-19 está resultando unha marabillosa oportunidade perdida polos partidos tradicionais para estaren á altura política da situación. “O político convértese en estadista cando comeza a pensar nas próximas xeracións e non nas próximas eleccións.” Esta frase, atribuída a Winston Churchill, déixanos claro que atopar estadistas vai estar complicado. A pesar do reto maiúsculo que supón este virus para toda a poboación, a pesar de teren unha oportunidade fabulosa para aspirar á grandeza, os políticos/as de partidos tradicionais están a demostrar que non pasaron páxina, que a súa única lóxica é o poder, como conservalo ou como conquistalo, depende da posición de cada quen.

 

A “fotiño”, a súa obsesión.

O pasado sábado, 2 de maio de 2020, reuniuse de emerxencia e de xeito telemático un grupo de “expertos/as” convocados/as pola Alcaldesa para axudar á “desescalada” do confinamento no Concello de Redondela. Tratábase dun acto claramente institucional e, posiblemente, moi loable. O problema, na nosa opinión, ven cando Digna Rivas publica no seu muro particular de Facebook unha foto desa xuntanza virtual. Non se publicara na páxina web do Concello de Redondela, nin no muro do “novo” Facebook municipal. Para nós iso é propaganda ou promoción individual, en calquera caso unha actitude que merece o noso máis enérxico rexeitamento. Se utilizar actos institucionais para promoción individual sempre nos pareceu criticable, facelo a propósito desta crise é, simplemente, inaceptable.

 

As “mascarillas”, escuro obxecto de desexo.

 

As “mascarillas” parece que se converteran no novo “e ti máis” ou, neste caso “e ti menos”. Na enorme controversia que vivimos, o asunto das “mascarillas” daría para unha tese doutoral. Ata o de agora non foi un produto obrigatorio. Aprobouse que, a partir do luns 4 de maio, será obrigatorio no transporte público. É “altamente recomendado” pero non obrigatorio nin para ir ao supermercado, nin para pasear, etc. Aínda así, algo ten a “mascarilla” que a todo político/a tradicional lle queda ben. 

Na nosa contorna o uso demagóxico de reparto de “mascarillas” comezouno a Delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro. Vexan como lle gusta a fotiño. Vostedes que cren? Que a Corina preocúpalle axudar, preocúpalle verdadeiramente o interese xeral, ou o que lle gusta é saír na foto?

 

 

Nunha liña aínda máis demagóxica tamén se pronunciou o ex-alcalde e na actualidade deputado no Congreso, Javier Bas, quen tirou de suposta retranca para destacar que en Soutomaior (concello gobernado polo PP, claro) si reparten “mascarillas” para nenos, e Redondela non.

E se tan imprescindibles consideran dende o PP que son as “mascarillas”, como non piden que as subministre Feijoo a toda a veciñanza cando Sanidade é unha competencia transferida á Xunta de Galiza?

 

Ata a manipulación máis rancia paseou polas redes sociais cun vídeo manipulado dun pleno extraordinario no que non se trataban temas da pandemia que estamos a padecer.

Seguimos recordando que a “mascarilla” non é obrigatoria no estado español, pero si “altamente recomendable”. No caso dos nenos/as, o seu uso é aínda máis controvertido por motivos obvios (o adecuado uso das “mascarillas” require dunha mínima disciplina), pero semella que a demagoxia nao ten fim (como a tristeza na canción de Jobim).

 

Comprobamos como os partidos políticos tradicionais evitan criticar ás administracións que gobernan os seus partidos. Un novo exemplo é o silencio do PP de Redondela vendo que a Xunta non aporta ao noso Concello datos sobre a evolución do COVID-19 no municipio; cando eses datos son esenciais para combater unha epidemia: permiten detectar focos de contaxio e actuar en consecuencia, facilitando a análise do impacto da pandemia.

 

Claro que Digna Rivas tampouco escatimou en fotografías agasallando un produto que é “altamente recomendable” e que, no caso das “mascarillas” das fotos, son recursos públicos, pero que os políticos reparten como si os fabricasen eles mesmos cunha máquina de coser nun soto da súa casa polas noites. Rápido, fotiño! Non vaia ser que me tomen dianteira os adversarios políticos! Estamos seguros que o que lle preocupa é a veciñanza e a súa saúde, non quedar ben politicamente. Fanse fotos porque os “followers” llo demandan, non porque eles queiran.

 

U-las propostas da oposición?

 

A sensación que dan estes políticos (a triste sensación) é que a súa preocupación é a de sacar tallada desta crise. Pouco pode estrañar o comportamento dos populares redondeláns cando simplemente están a ser unha réplica do seu líder Pablo Casado e a súa lideresa, Isabel Díaz-Ayuso.

 

As propostas máis destacables do PP a nivel estatal son pedir minutos de silencio, monumentos para as vítimas ou vestir de loito. Pero o do loito é segundo o día. As imaxes seguintes teñen só 5 días de separación. A da esquerda é a Presidenta da Comunidade de Madrid o pasado domingo 26 de abril (en misa) e a da dereita ela mesma repartindo bocatas nun ambiente festivo o pasado 1 de maio cando organizou unha verbena para “celebrar” o peche do hospital de campaña do IFEMA.

 

 

Ao mellor pódese atopar un punto medio ao postureo, non?

Pois o PP de Redondela fai seguidismo destes líderes estatais. Quéixase de falta de propostas por parte do Concello, pero as que xorden dende as filas populares en Redondela son deste estilo. Por suposto non están mal, pero nós somos escépticos se, deste xeito, combateremos a crise sanitaria, económica e social que nos trouxo o Covid-19.

 

 

O confinamento tamén saca a peor faciana do BNG de Redondela.

 

De forma preocupante, esta formación política local presenta propostas e preguntas a posteriori, cando a maioría das respostas están no BOE, DOG ou expedientes que deberían ler; nin se molesta en facer achegas por rexistro para colaborar nos asuntos que desenvolve o Concello. Parece que teñen medo a presentar as súas propostas por rexistro antes das comisións, non vaia ser que lles rouben as ideas...

 

A todo isto súmase un comportamento incomprensible e pouco construtivo nas súas redes sociais. Nunha crise onde os grupos da oposición deberían sumar e gardar lealdade ao goberno local, o BNG anda a rebuscar erros involuntarios do persoal que xestiona o Facebook do Concello de Redondela para atacar ao goberno local; e incluso anda a faltar á verdade sobre unha publicación que, contrariamente ao que din, publicouse na web do Concello antes que no Facebook de AER; coa finalidade de conseguir algún gústame nas súas redes socias, facendo práctica do lema “desprestixia que seguro que algo queda”. Dende que AER está no goberno local, nunca publicou no seu Facebook información institucional que non se publicara antes na páxina web do Concello de Redondela.

 

 

 

 

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12