I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER FELICITA AO GOBERNO SAÍNTE DO PARTIDO POPULAR POR CUMPRIR PARCIALMENTE UNHA MOCIÓN DE AER, APROBADA EN PLENO, 3 ANOS DESPOIS

 

 

O goberno saínte do Partido Popular cumpre en silencio, e a medias, unha moción presentada no pleno por AER no 2016 e aprobada por unanimidade.

 

 

Moción de AER para sinalización de edificios municipais con pictogramas

 

En setembro do 2016, AER presentaba a Pleno unha moción mediante a cal explicaba a idoneidade de sinalar edificios públicos mediante o uso de pictogramas para poder facer de Redondela unha vila accesible tamén de xeito cognitivo. Unha vila máis accesible para  persoas con dificultades cognitivas. Dentro desa condición englobaríase ás persoas sen alfabetización completa, persoas estranxeiras que descoñezan o noso idioma, persoas con incapacidade na fala, ou persoas con discapacidades cognitivas e/ou mentais entre as que se atopan, dun xeito concreto, aquelas persoas englobadas dentro do trastorno do espectro autista (TEA).

 

Solicitabamos nesa moción sinalar edificios, dependencias, espazos públicos municipais coma a Casa do Concello, as Bibliotecas, Auditorios, Parques e Xardíns, Colexios, Piscinas,...

 

Solicitabamos tamén a creación dunha mesa de traballo para seguir a execución dese acordo e que dende o Concello se coordinara e estimulara a outros organismos oficias ó uso dos pictogramas como elementos sinalizadores das súas dependencias en Redondela.

 

 

Aprobación no Pleno no 2016

 

A moción foi aprobada unanimemente no Pleno do 29 de Setembro do 2016, cos votos a favor das 9 persoas concelleiras que daquela gobernaban e representaban ó Partido Popular.

 

 

Incumprimento da Moción

 

Pasados dous anos, e ante o incumprimento por parte do goberno local da moción aprobada en Pleno, dende AER estúdiase a opción de suplir a inactividade municipal mediante unha campaña propia de difusión dos pictogramas.

 

En Abril do 2018 un grupo de traballo de AER realizou unha campaña nos centros urbanos de Redondela e Chapela, repartindo de xeito gratuíto entre os locais comercias que se prestaron, dípticos informativos sobre a importancia do uso de pictogramas, e colocando nos seus escaparates o pictograma normalizado correspondente á actividade do negocio en concreto: Barberías, Bares, Farmacias, Pastelerías, Hamburgueserías,... converteron co seu apoio a Redondela nunha vila mais accesible para todos e todas. Naquel mesmo mes de abril do 2018, o interior do Multiusos da Xunqueira de Redondela amencía “sementado” de pictogramas normalizados que sinalaban as diferentes zonas do edificio. A Asociación Andaina realizara este traballo co gallo do Festival “Redondela en Curto” e a súa participación no mesmo; sendo retirados ao finalizar o festival.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xuño do 2019

Cumprimento parcial e silencioso da Moción de AER por parte do PP

 

A semana pasada algúns edificios de Redondela apareceron sinalados no seu exterior con placas con pictogramas. Dende AER queremos comunicar o noso agradecemento ó equipo de goberno saínte ó acceder a sinalar algúns edificios municipais con pictogramas. Pero lamentamos profundamente os seguintes e importantes contratempos:

 

•      O anterior Equipo de Goberno tardou 3 anos en imprimir os carteis con pictogramas.

 

•      O PP non fixo partícipe desta iniciativa ás asociacións de Redondela que traballan con persoas que utilizan este tipo de sistema alternativo e aumentativo da comunicación.

 

•      Soamente foron sinalados algúns dos moitos edificios municipais propostos por AER na moción.

 

•      Non foi creada a Mesa de Traballo seguidora do plan de instalación de pictogramas.

 

•      O Concello de Redondela non realizou a coordinación e incitación do uso dos pictogramas por parte doutros organismos públicos que teñen edificios en Redondela.

 

•      Para a sinalización dos pictogramas o Concello de Redondela non usou a plataforma mais difundida, ARASAAC, polo que os pictogramas usados non son nin por asomo os mais adecuados ao non cumpriren a característica de normalización tan útil na comunicación de persoas con TEA. Unha pena, xa que se trata dunha plataforma gratuíta na que podes obter o pictograma desexado en cuestión de segundos.

 

•      A sinalización con pictogramas non foi publicitada, nin se lle facilitou ós veciños e veciñas a información necesaria para entender a importancia destes carteis, perdéndose deste xeito unha ocasión marabillosa, para a Agrupación de Electores de Redondela, de dar a coñecer as diferentes realidades comunicativas das persoas que integran o Concello de Redondela.

 

 

 

Ver nota en pdf

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12