I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER DEVOLVE 7.238,03€ AO CONCELLO DE REDONDELA DAS “ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS”

Informar de que a AER, Agrupación de Electores de Redondela, procedeu á DEVOLUCIÓN de 7.232,03€ AO CONCELLO DE REDONDELA que proveñen das ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS que recibe do mesmo:

                                                                             

En AER cada trimestre ingresamos do Concello por Grupo Político Municipal 975€, 675€ polo “grupo” máis 75€ por “cada un das 4 concelleiras/os”, que despois deste mandato nos deixan os seguintes números:

 

 

 

Total Ingreso Asignacións mandato: 15.600€

Total DEVOLUCIÓN AER Asignacións: 7.238,03€

Gasto Total Asignacións AER: 8.361,97€

 

 

AER presentou unha moción no pleno de febreiro 2015 onde se solicitaba a creación dun REGULAMENTO para as ASIGNACIÓNS E SUBVENCIÓNS AOS GRUPOS POLITICOS MUNICIPAIS. Dita moción foi aprobada por UNANIMIDADE e chegouse ao acordo de crear dito Regulamento por parte de tódolos Grupos Políticos.

 

Despois de catro anos dende esta aprobación plenaria e sen ningún apoio de ningún dos grupos do pleno para sacalo adiante, en febreiro deste 2019 por fin se dá cumprimento a dito acordo plenario de crear ese regulamento e con el, o control fiscal anual destas asignacións. Dito regulamento permitirá que a partir do vindeiro mandato a veciñanza coñeza onde os grupos municipais gastan os cartos que o Concello lles facilita trimestralmente para as súas funcións.

 

Coma sempre, a nós si nos gustan AS CONTAS CLARAS  e queremos informarvos de que esta é a postura de AER e a súa decisión, xa que a devolución obrigatoria no caso de non ser xustificados os gastos dos grupos, proposta que recollerá o novo regulamento, non dará comezo ata o seguinte mandato. Isto non impide que devolvamos os cartos sobrantes que nos deron  dende o Concello para o noso labor como grupo e que non necesitamos gastar, ao igual que no anterior mandato devolvemos 8.000€.

 

A forma en que o Concello abona estes cartos como Asignación aos Grupos Políticos Municipais é trimestral. Esta dotación económica (asignación) ao Grupo é para o seu funcionamento e deberá contar cun compoñente fixo, que este mandato é de 675€ no noso Concello (900€ anterior mandato), idéntico para tódolos grupos, e outro variable de 75€ (300€ anterior mandato) por cada concelleira/o.

 

Se ben a regulación estatal existente fai referencia a que as cantidades serán as que cada ano determine a “Ley General de Presupuestos”, nunca dita lei fixou ningún límite, polo tanto, cada corporación libremente determina o importe total a repartir entre os grupos políticos que a integran.

 

O precepto legal esixe a cada grupo levar unha contabilidade da asignación que unicamente terá que poñer a disposición do pleno da corporación cando este lla pida.

Debido a que esa contabilidade lévaa o propio Grupo e só a mostra ao pleno cando este lla pide, algo que sabemos non pasa e que puidemos comprobar nestes anos, a contabilidade municipal só rexistra as saídas de fondos aos grupos, xa  que non é necesaria a xustificación ao Concello do destino deses fondos que se asigna a cada grupo.


Tendo en conta que eses cartos, que o Concello asigna aos representantes electos pola veciñanza e os grupos dos que estes forman parte, son para poder cubrir os gastos derivados do seu funcionamento, é de xustiza que dende AER devolvamos esta cantidade que non gastamos nestes catro anos, ao igual que o fixemos nos catro anteriores, xa que non a necesitamos para a fin para a que nos foi asignada. Por suposto devolvemos estes cartos a quen nolos deu, ao Concello de Redondela, a toda a veciñanza!


Como sabedes, as nosas contas son públicas dende o 2011, ano de nacemento e constitución da Agrupación de Electores de Redondela (AER) e podedes consultalas en calquera momento na nosa páxina web:  www.aeredondela.com e nos boletíns AER Informa, tamén en papel, cando son publicadas anualmente.


Esta é a conta sobre as asignacións recibidas por cada grupo político municipal neste mandato 2015/2019. Estas asignacións recibidas do Concello foron reducidas ao principio deste mandato con respecto ás do anterior, como proposta de AER, tentando que os grupos maioritarios non reciban unhas cantidades desproporcionadas.

 

  • PP  9 concelleir@s (-1 concelleir@ do 2011/2015):

675€ por Grupo + 675€ total por Concelleir@s(75€ concelleir@ x 9)= 1.350€/trimestre (3.900€ en 2011/15)

 

1350€ por trimestre x 16 trimestres(4 anos de mandato)= 21.600€ TOTAL PP Ingreso mandato (62.400€ en 2011/15)

 

  • PSOE 6 concelleir@s (-2 concelleir@s do 2011/2015):

675€ por Grupo + 450€ total por Concelleir@s (75€ concelleir@ x 6)= 1.125€/trimestre (3.300€ en 2011/15)

 

1125€ por trimestre x 16 trimestres (4 anos de mandato)= 18.000€ TOTAL PSOE Ingreso mandato  (52.800€ en 2011/15)

 

  • AER   4 concelleir@s (+3 concelleir@s do 2011/2015):

675€ por Grupo + 300€ total por Concelleir@s (75€ concelleir@ x 4)= 975€/trimestre (1.200€ en 2011/15)

 

975€ por trimestre x 16 trimestres (4 anos de mandato)= 15.600€ TOTAL AER Ingreso mandato (19.200€ en 2011/15)

 

DEVOLUCIÓN AER total mandato: 7.238,03€

 

  • BNG   1 concelleir@  (-1 concelleir@ do 2011/2015):

675€ por Grupo + 75€ total por Concelleir@ (75€ concelleir@ x 1)= 750€/trimestre  (1500€ en 2011/15)

 

750€ por trimestre x 16 trimestres (4 anos de mandato)= 12.000€ TOTAL BNG Ingreso mandato (24.000€ en 2011/15)

 


TOTAL ASIGNACIÓNS do CONCELLO aos GRUPOS POLÍTICOS no MANDATO

2015/19 = 67.200€

(158.400€ en 2011/2015)

 

 

A partir do seguinte mandato, todas esas cantidades recibidas polos grupos políticos municipais do Concello terán que ser xustificadas anualmente ante intervención, grazas a este novo Regulamento da Dotación Económica aos Grupos Políticos Municipais do Concello aprobado finalmente en pleno en febreiro deste 2019, proposta plenaria de AER aprobada dende 2015, e como consecuencia dun traballo continuo de AER pola transparencia no noso Concello.

 

Aínda que AER fai a devolución deste cartos ao Concello por coherencia sen ter ningún tipo de obriga, o certo é que nós non podemos escoller o destino dos mesmos, por iso queremos pensar en que coa vosa participación e apoio, isto poida cambiar. NÓS SOMOS VÓS!

 

 

 

Ver nota en pdf

 

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12