I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER FAI ENTREGA DAS GRAVACIÓNS DOS PLENOS AO CONCELLO DE REDONDELA PARA QUE QUEDEN A DISPOSICIÓN DA VECIÑANZA QUE PRECISE CONSULTALOS

Dende a decisión tomada polo actual goberno municipal do Concello de Redondela de deixar de gravar e difundir os Plenos municipais a principios do 2018, a Agrupación de Electores de Redondela 2015, en aras da transparencia, decidiu asumir a tarefa de gravar as sesións plenarias a través do seu Grupo Político Municipal e cos cartos da asignación que lle corresponde, difundíndoos mediante a súa canle de Youtube:

 

https://www.youtube.com/channel/UCcjcxXpVUdUtEr5xPZoF7Og/videos

 

 

 

 

Entenden dende AER que a gravación destes actos públicos e a súa difusión son cruciais na transparencia administrativa, informando e facendo mais accesible á veciñanza de Redondela o tratamento que dos problemas do concello se fai dende o seu máximo órgano de representación.

 

 

Deste xeito, dende maio do 2018 AER estase facendo cargo economicamente da gravación e difusión dos plenos do Concello de Redondela, cantidade que ascendeu a aproximadamente uns 2.000 euros procedentes das asignacións ao Grupo Político Municipal. Cóntase na hemeroteca de AER coas gravacións dos últimos 15 plenos do presente mandato.

 

 

Así pois, na pasada Asemblea do 24 de abril do 2019 a Agrupación de Electores de Redondela decidiu que cando finalizase o mandato 2015-2019, procederíase á entrega dunha copia de todos os vídeos realizados ó Concello de Redondela, coma órgano de representación dos/as seus/súas habitantes. Esta entrega acaba de facerse efectiva este xoves 23 de maio, indicando expresamente que as gravacións queden a disposición libre da veciñanza de Redondela e sexan accesibles mediante o Arquivo Municipal, a través da páxina web do Concello de Redondela e a través do portal de Transparencia.

 

 

 

Ver nota en pdf

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12