I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER ESIXE QUE O PSdeG-PSOE PIDA DESCULPAS POLAS INSIDIAS DE SANTOS HÉCTOR CANDO HAI CATRO ANOS ACUSOU SEN PROBAS QUE A AGRUPACIÓN RECIBÍA FAVORES LABORAIS DO PARTIDO POPULAR

Para chegar a un acordo, antes de nada é necesario repoñer a honra dos membros de AER que Santos Héctor tratou manchar dun xeito tan noxento coma covarde.

 

As outras condicións sine qua non de AER son: aumentar a transparencia do Concello, establecer criterios obxectivos (especialmente nas contratacións, subvencións, etc.) e favorecer a participación cidadá.

 

AER propón que cada persoa só poida percibir un soldo por cargo público. Así, o concelleiro do goberno que entre na Deputación só cobrará do Concello unha asignación igual á dun concelleir@ de oposición.

 

Despois dos dous primeiros encontros de AER co PSdeG-PSOE de Redondela para estudar a posible conformación dun goberno alternativo ao Partido Popular de Javier Bas, dende AER valoran a receptividade que están a ter as súas propostas, aínda que botan en falta un traballo máis concienciudo por parte d@s socialistas. Sorprende que quen aspira lexitimamente a acadar o bastón de mando non se achegue a estas reunións cunhas propostas máis concretas, especialmente porque no eido municipal os prazos para configurar gobernos son moi estreitos.

 

 

 

Propostas de AER

 

As propostas de AER polo de agora xiran en torno a dous eixos. Por unha banda están unha serie de liña vermellas, é dicir, unha serie de cuestións innegociables para que AER poida favorecer a formación dun goberno alternativo ao PP. En segundo lugar, ofrece unha batería de máis de vinte propostas programáticas que considera son fáciles de asumir polo PSdeG porque dunha ou outra maneira figuran tamén no programa d@s socialistas. Finalmente, se os puntos anteriores se consensúan, AER propón que quedaría para o final a confección do goberno municipal no que se designaría á Alcaldesa e as concellerías, as súas competencias, dedicacións e remuneracións.

 

 

 

Liñas vermellas

 

As liñas vermellas que traza AER teñen dúas vertentes: unha ten que ver coa honra das persoas e outra cos valores fundacionais da Agrupación. Aínda que ámbolos dous son innegociables, a necesidade de petición de desculpas por parte de Santos Héctor considérase prioritaria.

 

Cabe recordar que, no ano 2015 o secretario provincial del PSOE, e concelleiro en Vigo, Santos Héctor Rodríguez cualificou a AER de "marca branca" do Partido Popular e asegurou que tiña "sospeitas moi fundadas de que recibiron favores laborais por parte do Alcalde Javier Bas, e tamén pola Deputación, naquel momento gobernada por Rafael Louzán, do PP".  Por suposto, estas acusacións non tiñan base ningunha, atacaron a honra dos membros de AER dun xeito tan noxento coma covarde.

 

Nun plano diferente, pero igualmente irrenunciable, AER esixe que o próximo goberno ten que facer seus os valores fundacionais da Agrupación:

 

  • Criterios obxectivos para realizar contratacións, conceder subvencións, etc. AER esixe que a obxectividade debe ser o xeito de proceder do Concello como única vía para rematar cos “amiguismos”.

 

  • Aumentar a transparencia. O goberno municipal ten que facilitar á veciñanza o acceso a toda información de interese que exista no Concello.

 

  • Participación cidadá. AER defende a verdadeira participación cidadá, de xeito que a veciñanza sexa directamente quen tome as decisións en aqueles asuntos que lle atinxa.

 

 

 

Liñas programáticas

 

Coa idea de facer aportacións construtivas que permitan avanzar na conformación dun goberno, AER acudiu ás reunións co PSdeG cunha serie de propostas concretas que parten do propio programa da Agrupación e considerando os programas do resto de formacións políticas susceptibles de entrar no Goberno.

 

Neste punto, AER comportouse coa responsabilidade que lle caracteriza e tomou a iniciativa de poñer enriba da mesa un borrador de documento que recolla as liñas da futura acción de goberno. A falta de que @s socialistas fagan o traballo que lle corresponde, AER fixo unha proposta coas seguintes liñas básicas:

 

  • Soldos da corporación:

    • Non superar o gasto actual en salarios políticos.

    • Se un concelleir@ do goberno local ou o alcalde/alcaldesa entra na Deputación, o soldo que reciba por parte do Concello deberá reducirse.

    • Vincular os soldos políticos á aprobación dos orzamentos anuais.

    • Publicación de todos os salarios tanto do Concello coma da Deputación.

 

  • Sobre os órganos consultivos (Consellos): que os representantes dos grupos políticos teñan voz pero non teñan voto nestes órganos.

 

  • Transparencia:

    • Fixación de criterios de contratación.

    • As redes sociais deben depender dun funcionario, nunca do grupo político.

    • Formación do funcionariado sobre transparencia e redes sociais.

    • Acceso inmediato a toda a información xeral do Concello: expedientes, modificacións de crédito, contratacións menores, etc.

    • Regulamento de subvencións nominativas.

 

  • Participación:

    • Modificación do Regulamento de Consellos Parroquiais Municipais en base á proposta xa presentada por AER.

    • Elaboración do Regulamento de Orzamentos Participativos.

    • Reforma do ROC do Concello.

    • Levar a cabo consultas populares: festivos locais.

 

  • Aprobar o borrador existente de Regulamente de Postos de Traballo (RPT) do Concello.

 

  • Creación de comisións de seguimento das infraestruturas que afectan ao territorio do Concello coas administracións e partes implicadas:

    • A-57/A-59

    • Reposición dos servizos tras a ampliación da AP9

    • Explanada de Duchess

    • Etc.

 

  • Estudo da situación “excepcional e de necesidade urxente” pola que está a pasar o servizo de emerxencias e Protección Civil, para atopar fórmulas que permitan manter un servizo as 24 horas, os 365 días do ano.

 

  • O representante do Concello na área Metropolitana debe adoptar o voto global do Pleno Municipal.

 

  • Solicitar da Deputación inversión nas Estradas Provinciais.

 

  • Creación de vivendas públicas nas casas dos Mestres: aluguer social para mocidade, para familias con escasos recursos, vivendas de emerxencia social, etc.

 

  • Esixir un mapa de augas pluviais e fecais, que un funcionario do Concello xestione a análise das augas e Depuradora.

 

  • Remunicipalización dos servizos públicos privatizados (recadación, auga, etc.).

 

  • Que o subministro eléctrico pase a concurso público.

 

  • Aprobación do Redondela 2020 na xunta de voceir@s.

 

 

DOCUMENTO INICIAL DE NEGOCIACIÓN co PSOE

 

 

Ver nota en pdf

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12