I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

O CONCELLO PAGARÁ 17.000 EUROS DURANTE DOUS ANOS POR ALUGAR DEZ “WALKIE TALKIES” QUE CUSTAN 4.000 EUROS

Case peor que o malgasto é que o concelleiro de Interior, Arturo González, asinou un contrato de costas ao Concello e sen ter competencias para facelo.

 

O goberno local do PP negaba a existencia dese contrato.

 

A finais do ano pasado tivemos coñecemento dos problemas que estaba a ter a empresa “Radiospectrum” para cobrar as  facturas polo servizo de alugueiro dos aparellos de  radiocomunicación (“walkie talkies”) que utiliza a Policía Local de Redondela. Por algún motivo, estas facturas non se estaban pagando, e non se abonaban porque ninguén firmaba a recepción das mesmas. Soubemos que se acumulaban facturas de varios meses e supuxemos que debía existir un contrato, xa que as facturas eran por un servizo repetido de subministro, e como tal debían ter un contrato.

 

 

 

CONCLUSIÓN 1

 

PARA GASTOS REPETITIVOS É OBRIGATORIO FACER UN CONTRATO

 

En varias ocasións, solicitamos formalmente por escrito ao Concello que se nos remitise copia do contrato. Pediuse a través de numerosos rexistros sen obter nunca resposta. Rexistros dirixidos a Alcaldía, departamento de Interior, Secretaría, Policía Local e ao propio Arturo González. Tamén se preguntou verbalmente en diferentes departamentos do Concello (Contratación, Interior, Policía Local e Alcaldía), e a resposta era sempre que no Concello non había constancia do contrato. Salientar que en Alcaldía, a persoa que nos remitiu a outros departamentos foi Susana Cabaleiro, cargo de confianza nomeado por Javier Bas, e que aparece no contrato como “persoa de contacto”.

 

Por último, decidimos preguntarlle directamente no pleno pasado ao señor Arturo  González pola existencia do contrato. Contestou que non lle constaba a existencia de tal contrato.

 

 

 

CONCLUSIÓN 2

 

OCULTAN INFORMACIÓN Á OPOSICIÓN

 

O luns día 1 de abril puxemos en coñecemento do alcalde Javier Bas que tiñamos constancia da existencia dese contrato, firmado polo concelleiro de Interior sen ter as competencias delegadas. Segundo as súas palabras, o venres despois do pleno preguntoulle directamente ao señor González e este díxolle que non existía contrato. O alcalde tamén nos comentou, textualmente, “temos un problema”;  e dixo que se poría en contacto coa empresa para que lle remitisen o contrato. Dende a Agrupación de Electores de Redondela dixémoslle que tiña cinco días para “resolver” ese problema. Ao mesmo tempo, dende AER solicitamos por rexistro novamente copia das facturas (para saber quen firmara a aceptación das mesmas) e copia do informe de reparo do servicio de Intervención municipal sobre o pago destas facturas, reparo que levantou o propio Javier Bas o 31 de decembro. Noutro rexistro, solicitamos ao Concello que reclamase a “Radiospectrum” unha copia do contrato asinado.

 

 

 

CONCLUSIÓN 3

 

COMO AER DEMOSTRA QUE EXISTE, O CONTRATO APARECE

 

O venres 5 de abril reunímonos con Javier Bas para que nos informase das accións que tomara respecto do contrato asinado. En ningún momento criticou Javier Bas o comportamento de Arturo González, polo contrario, defendeuno e responsabilizou aos Servizos Técnicos do Concello (aos actuais e aos pasados) por non ter tramitado un suposto expediente de contratación para a compra dos walkie talkies. Cualificou como “axeitado” o prezo de alugueiro dos terminais contratado polo señor González e defendeu a firma dese contrato dicindo que o señor González lle dixera que o firmou “como si fose un “recibín” de material”.

 

Sobre o feito de que o funcionariado do Concello non tivera copia do contrato, defendeu ao concelleiro de Interior dicindo que o contrato non “obrigaba a nada” ao Concello, pois non estaba redactado polos servizos técnicos, e que Arturo “descoñecía a existencia do mesmo”. Segundo o alcalde, o concelleiro de Interior atopou o contrato o mércores día 3 de abril nun correo do 27-11-2018 que non abrira...“y me consta que es así porque Arturo no lee los correos. Dixo que este correo se enviara á Policía Local... ¡e tamén a Arturo González! (Novamente os funcionarios antes que o concelleiro). É de salientar como o alcalde se xustifica na existencia dese correo electrónico atopado recentemente e non fai mención a se se puxera en contacto coa empresa “contratada” e se lle ían remitir o contrato. Finalmente Javier Bas entregounos o contrato e o correo electrónico enviado pola empresa a Arturo González e á Policía Local.

 

 

 

CONCLUSIÓN 4

 

EXISTE UN CONTRATO ASINADO POR UN CONCELLEIRO, DO QUE NON TEÑEN CONSTANCIA NO CONCELLO, E ¡TRATAN DE QUITARLLE IMPORTANCIA!

 

Arturo González firmou un contrato mediante o cal o Concello paga polo alugueiro de cada terminal nun ano o dobre do prezo de venta dun terminal novo. O contrato firmouse por un ano prorrogable se ningunha das partes o denuncia; curiosamente dende “Radiospectrum”, a pesar de ter problemas para cobrar as facturas (chegou a acumular ata sete, e seis de elas foron aboadas o 31 de decembro de 2018), en ningún momento renunciou ao contrato. Cando se cumpran os dous anos de contrato, o Concello terá pagado polo aluguer de cada terminal catro veces o seu valor. Este é o prezo “axeitado” segundo o alcalde de Redondela e concelleiro de Economía, Javier Bas.

 

 

 

CONCLUSIÓN 5

 

CONTRATO CARO CON DIFICULTADES PARA COBRAR PERO NON  SE DENUNCIA

 

O señor Arturo González non tiña delegadas as atribucións de contratación, como si teñen outros/as concelleiros/as como Teresa París ou Julio Mougán; polo que o concelleiro de Interior excedeuse nas súas funcións. Firmou un contrato prorrogable de subministro, cando o Concello habitualmente só o fai por un ano. Tal vez o Concello non se vexa “obrigado a nada” pola incompetencia de Arturo González, pero a súa insensatez sáenos bastante cara. O prezo de venta dos walkie talkies que o Concello ten alugados ronda entre os 390 e os 406 € cada un. O noso Concello paga cada mes 726 € por alugar dez terminais, que son 8.712 € cada ano; o que significa que o alugueiro anual dun terminal nos custa 871 €. Moito máis do dobre do seu valor de mercado. Cando se cumpran os dous anos de contrato, en agosto deste ano, o Concello terá aboado polos dez terminais alugados 17.424 €, cando pola mesma cantidade poderíanse ter mercado ata 43 terminais. Un prezo moi “axeitado” como se pode comprobar.

 

 

 

CONCLUSIÓN 6

 

RECOÑECEN QUE ACTÚAN DE XEITO IRREGULAR

 

É salientable que despois de meses de preguntar pola existencia do contrato sen obter resposta, de súpeto apareza ese contrato nun correo electrónico e que Javier Bas despache este feito cun “Arturo no lee los correos”. Arturo González non le correos electrónicos... nin contesta ás chamadas de teléfono, segundo se desprende do correo electrónico onde aparece o contrato e onde a empresa reclama o pago das facturas. Nese correo electrónico, “Radiospectrum” diríxese ao señor Arturo González nos seguintes termos: “hemos llegado “a tener que utilizar diferentes móviles desde los que nunca antes habíamos llamado para lograr hablar con usted, puesto que al repetir la llamada ya no cogía”. Así “traballa” o noso concelleiro de Interior.

 

O señor Arturo González asinou o contrato como representante do Concello de Redondela e utilizou un selo oficial do mesmo para darlle validez. Por lei, a capacidade para contratar osténtaa o alcalde e as persoas en que delegue. Dentro das delegacións de competencias deste mandato, nunca se nomeou a Arturo González. Isto é o que nos parece mais grave, a asunción de competencias que non lle foron cedidas e que o Alcalde, Javier Bas, lonxe de recriminarllo e pedir responsabilidades, o xustifique e cargue contra os traballadores do Concello. Que o escuse dicindo que non mira os correos electrónicos... que o xulgue cada quen.

 

Tamén pola culpa de Arturo González e a complicidade de Javier Bas, o Concello aínda non reclamou os desperfectos do Multiusos da Xunqueira de hai mais de catro anos. Aí tamén había correos electrónicos de por medio. Javier Bas minte cando se escusa nos servizos técnicos para tapar a incompetencia do seu concelleiro. Como xefe de persoal do Concello, o alcalde ten a capacidade para darlle prioridade a calquera expediente de contratación pero, neste caso, non o fixo.

 

 

 

CONCLUSIÓN 7

 

EXISTE UN CONTRATO IRREGULAR, CARO E XUSTIFICADO POLO ALCALDE, ADEMAIS DE LEVANTAR UN REPARO DE INTERVENCIÓN QUE LLE FACÍA UNHA CLARA ADVERTENCIA

 

 

 

 

CONCLUSIÓN 8

 

ASÍ FAI OPOSICIÓN AER SEGUIMENTO DO GOBERNO, CONTRASTA INFORMACIÓN, LEVA A PLENO OS TEMAS E DENUNCIA PUBLICAMENTE AS IRREGULARIDADES.

 

 

 

Ver nota en pdf

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12