I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER VOLVERÁ PRESENTARSE ÁS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS SE ACADA O NECESARIO APOIO PREVIO DA VECIÑANZA

 

 

AER decidiu en Asemblea volver a presentarse ás eleccións municipais por terceira vez.

 

O seguinte paso será recoller as 500 sinaturas que marca a lexislación que, como mínimo, debe acadar unha agrupación de electores para poder presentarse ás eleccións nun concello como Redondela.

 

A Agrupación de Electores de Redondela, reunida en Asemblea Xeral, decidiu que AER se presentará por terceira vez ás eleccións municipais o próximo mes de maio. Para que iso sexa posible, AER necesita previamente recoller, como mínimo, cincocentas sinaturas de veciños e veciñas de Redondela con dereito a voto.

 

Esta é a diferencia máis grande entre AER e os partidos políticos convencionais. AER, como agrupación de electores que é, por lei necesita previamente acadar un respaldo da veciñanza para sequera presentarse ás eleccións. AER declárase disposta a presentarse, pero só o poderá facer “se vós queredes”.

 

Mesma filosofía. A filosofía de AER será a mesma para as próximas eleccións:

 

* Coherencia. AER cumprirá a palabra que dea na campaña electoral. Lembremos que a primeira vez que se presentou, no 2011, AER comprometeuse a non apoiar a ningún candidato á Alcaldía: así se fixo. Na campaña de 2015 para as eleccións municipais do mandato que está a piques de rematar, AER prometeu que non entraría no goberno con ningunha outra forza política: así se fixo. A postura política que AER decida para as próximas eleccións tamén se cumprirá. 

  

* Rotación de concelleiros. En AER non hai ovellas nin hai pastores. AER defende a horizontalidade na súa organización. A pesar de que, por lei, ten que presentar unha lista numerada, en AER non existe a xerarquía: todos os seus membros teñen a mesma voz e o mesmo voto. Por este motivo, na medida do posible, AER tentará renovar á metade de mandato a todos os candidatos/as que puidesen resultar elixidos nas próximas eleccións municipais.

 

* Organización asemblearia. AER funciona cunha verdadeira organización asemblearia, onde as decisións se toman por votación e de xeito mancomunado. Este tipo de estrutura ten algunha eiva (a velocidade na toma de decisións non sempre é a máis axeitada) pero ten a enorme vantaxe de que que se trata dun modelo de organización absolutamente democrático onde todos e todas temos auténtica capacidade para decidir, auténtica capacidade para influír: en definitiva, auténtica capacidade para facer política.

 

Ver nota en pdf

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12