I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER DEMANDA COMPROMISOS CONCRETOS COS PROBLEMAS DE REDONDELA ANTE AS ELECCIÓNS XERAIS

AER demanda, ao futuro Goberno Central, solucións para as demandas históricas da veciñanza de Redondela.

 

 

O futuro Goberno Municipal deberá reunirse e negociar estes problemas si ou si co novo Goberno Estatal que saia das eleccións do 28 de abril.

 

 

A Agrupación de Electores de Redondela quere demandar ás forzas políticas que se autocandidatan para o Goberno do Estado Español, que poñan enriba da mesa compromisos claros e contundentes para abordar e solucionar os problemas de Redondela que dependen do goberno central. Así pois AER, forza municipalista, considera que nestas eleccións xerais os partidos políticos esquecen explicar como van solucionar os problemas máis próximos aos veciños e veciñas, e que son da súa competencia. “Certo é que se abordan cuestións transversais moi necesarias e decisivas, pero de xeito concreto no municipio de Redondela pouco ou case nada se escoita no referente a resolver demandas históricas da veciñanza“.

 

 

Así pois, como é competencia de cada administración velar polo correcto mantemento de infraestruturas, dotacións e servizos da súa responsabilidade e máis de dar respostas satisfactorias ás demandas da veciñanza no que respecta ás competencias propias, AER fai un chamamento para que os grupos políticos que ostentan representación en Madrid leven a voz de Redondela na súa axenda.

 

 

Entre as demandas veciñais máis destacables, a Agrupación de Electores de Redondela (AER) destaca as seguintes:

 

  • Paralización da construción da A-57 / A-59 ao seu paso por Redondela, que afectaría a numerosas parroquias do concello.

 

  • Reposición inmediata dos servizos como consecuencia das obras de ampliación da AP9 e aplicación das melloras comprometidas que afectan directamente á calidade de vida da veciñanza de Chapela e Trasmañó (arranxo de vías paralelas á autoestrada, dotación de pantallas acústicas en Cabanas e Chapela ...).

 

  • Gratuidade da peaxe de Rande-Vigo, sen asunción de peaxes na sombra.

 

  • Paralización inmediata das intencións da Autoridade Portuaria de Vigo, dependente de Puertos del Estado, de crear unha base de contedores en Rande, en plena Enseada de San Simón, Rede Natura 2000.

 

  • Dotación de beirarrúas na estrada nacional N-555 que une Redondela co Aeroporto de Peinador.

 

  • Dotación de paso de peóns e grupo semafórico na estrada nacional N-550 á altura do Colexio Outeiro das Penas de Cesantes para que poidan cruzar esta estrada con alta densidade de tráfico tanto as cativas e cativos que asisten ao colexio como os centos de peregrinos que cruzan esta estrada nesa altura seguindo o Camiño de Santiago.

 

  • Dotación de paso de peóns e grupo semafórico na estrada nacional N-550 á altura da parroquia de Vilavella no Lugar de “O Muro” para que poidan cruzar esta estrada con alta densidade de tráfico os centos de peregrinos que cruzan esta vía seguindo o Camiño de Santiago.

 

  • Construción de rotonda na estrada nacional N-550 na parroquia de Cesantes á altura do lugar coñecido como “O Murallón” para facilitar e regular o tráfico intenso e os cambios de sentido.

 

  • Construción de rotonda na estrada nacional N-550 na parroquia de Saxamonde á altura do lugar coñecido como “Alto dos Valos” para facilitar e regular o tráfico intenso, os cambios de sentido e as incorporacións nun cruce múltiple perigoso.

 

  • Dotación de beirarrúas na estrada nacional N-550 dende o núcleo urbano de Cesantes ata o colexio CEIP Outeiro das penas, necesarias polo gran cantidade de peóns que tódolos días transitan por esa zona.

 

  • Dotación de puntos de luz na estrada nacional N-550 dende Cesantes (Redondela) ata Arcade (Soutomaior).

 

  • Dotación a Redondela dunha rede de tren de proximidade digna e con frecuencias suficiente para asegurar unha interconexión con Vigo, Pontevedra e O Porriño; que camiñe cara a redución do uso do automóbil privado. Mantemento e mellora dos apeadeiros de A Picota, Cesantes e construción de apeadeiro en Chapela.

 

  • Asunción dos danos provocados polas obras do AVE en Redondela, compensacións por danos aínda existentes en vivendas como consecuencia destas obras e mellora ambiental dos terreos do Val de Maceiras degradados por esta actuación.

 

  • Apoio para avanzar no saneamento integral da enseada de San Simón e a Ría de Vigo.

 

 

Ver nota pdf

 

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12