I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

AER DEMANDA NO ÚLTIMO PLENO DO MANDATO A CREACIÓN DUN OBSERVATORIO DA DISCAPACIDADE E A RECUPERACIÓN DA MICROTOPONIMIA DO CONCELLO DE REDONDELA

AER considera unha oportunidade perdida por parte do goberno local ao non ter creado xa o observatorio da discapacidade.

 

A Agrupación considera necesario a posta en valor da microtoponimia de tódalas parroquias de Redondela.

 

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) leva novamente, para ser tratado no último pleno do mandato, a creación do Observatorio Municipal da Discapacidade e da enfermidade Mental de Redondela. Dende o ano 2013 AER leva demandando que se cree este foro que funcionaría como punto de encontro de familias, asociacións, afectados e grupos políticos; cun obxectivo preferente na reivindicación dos dereitos das persoas con discapacidade e con enfermidade mental e no tratamento e procura de medios máis axeitados para a súa integración en condicións de normalidade e dignidade.

 

Así pois, AER propón ao pleno do Concello de Redondela a convocatoria das persoas afectadas, familias e asociacións locais, para que nos vindeiros meses se consensúe a constitución do observatorio e que se constitúa xunta redactora do proxecto de constitución, debidamente representada sectorialmente, que se trasladará a pleno para a súa aprobación.

 

Por outra banda, AER tamén quere que se debata acerca da proposta de recuperación da toponimia do Concello de Redondela. A Agrupación ve a necesidade de rematar os traballos de microtoponimia iniciados no ano 2012 ampliándoos a todo o concello e difundir entre a veciñanza eses estudos para recuperar e conservar a memoria histórica en canto a toponimia.  Así pois, proponse proporcionarlle ao equipo redactor do PXOM os estudos toponímicos xa realizados de Cabeiro, Cedeira, Quintela, Saxamonde e Vilar e que se contrate unha asistencia especializada para o estudo, recollida, xeolocalización e recuperación da toponimia das parroquias de Cesantes, O Viso, Ventosela, Vilavella, Redondela, Quintela, Trasmañó, Chapela e Reboreda. Tamén sería necesario dispoñer dun apartado específico na web do Concello de Redondela coa información destes traballos de recuperación e cos enlaces para a súa visualización en visores estándares de cartografía, así como poñer a disposición do Arquivo Municipal de Redondela toda esta información e documentación para que estea dispoñible para a veciñanza actual e futura, así como a diversos estudosos sobre aspectos do territorio.

 

Ver nota en pdf

 

 

Please reload

A Agrupación

A Agrupación

Información

AER no Concello

Contacto

Rúa Alfonso XII nº 2 · Baixo

            Tlfo: 647 126 712

  • Facebook Classic
instagram logo.png
Twitter_icon..png

www.aeredondela.com

facebook.com/AERedondela

twitter.com/AER_Redondela

info@aeredondela.com

647 12 67 12